Skip to main content

Xullo 2022

TÍTULOS, AUTORAS E AUTORES - BIBLIOTECA HUMANA 2021 2022 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Estamos orgullosos das persoas que se brindaron a contar a súa historia.

Entre todos crearon redes que se conectan, que nos conectan.

O vindeiro curso poderedes coller os seus libros en empréstito na BE "Carlos Labraña",

pero para quen o desexe creamos un genial.ly, onde está aloxado o audio de cada un dos libros.

Historias fermosas que nos acompañarán no verán. Collede o voso libro!!

 

 

 

 Agradecer inmensamente a colaboración de tódalas persoas que puxeron un pedaciño

do seu tempo para facer posible este proxecto. En especial aos nosos libros humanos:

Andy Brañas, Ánxela Lema, Bibiana Córdoba, Candela Martínez, Carlos Labraña,

Ermitas García, Fabiana Feijoo, Jose de Vigo, Juan Rodríguez, Miño Guerreiro,

Noa López, Raúl Nebril e Rebeca León.

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - 4º XORNADA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

Despedimos as xornadas, deste curso, da Biblioteca Humana da man

de tres títulos inmensos. Para quen non as escoitou presencialmente,

as súas historias permanecerán no catálogo das bibliotecas: Meiga e Koha.


Este curso a biblioteca escolar leva por lema "A biblioteca ten a palabra",

na vila quixemos cedérllela ás nosas xentes, á comunidade.

Persoas que xuntas tecen as redes da historia persoal dun pobo,

historias íntimas, as vivencias que axudan cando se comparten.

Despertaron emocións que gardaremos para sempre.

Sentímonos máis preto e crearon lazos que perdurarán no tempo.

 

Agradecer a participación de Juan Rodríguez Martínez,

Noa López Vidal e Miño Guerreiro Rodríguez e de todas e todos os implicados.

Xuntos fixemos voar as palabras!