Skip to main content

Setembro 2021

CLUB DE LECTURA

Posted in

A BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA" XA TEN UNHA PEQUENA TRAXECTORIA NO CLUB DE LECTURA.

PERO ESTE ANO A XUNTA AMPLIOU A CONVOCATORIA A PRIMARIA  E POR SUPOSTO IMOS PARTICIPAR!

PABLO, CATA, XABIER E BASMA SON OS ENCARGADOS DE PUBLICITALO NA RADIO.

 

ESCOITA O SEU ANUNCIO!!

 

SE SODES DE 4º, 5º OU 6º PODEDES APUNTARVOS NAS TÁBOAS QUE ESTÁN XUNTO AO CARTAZ,

NO CORCHO DA BIBLIOTECA OU NO DO AREAL.

BENVIDOS AO VOSO CLUB DE LECTURA!

CARTAZ BIBLIOTECAS ESCOLARES 2021/22

 
 
 A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade. 
 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en formacións e obradoiros.
 
Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as  bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia. 
 
Máis aínda, como instrumentos a favor da equidade, as bibliotecas dos centros educativos deben procurar o acceso igualitario ao coñecemento e uso do léxico que garante unha mellor comprensión lectora, toda vez que os expertos nos falan da diferencia abafante entre o número de palabras que contén o léxico do alumnado de infantil en función dos contextos familiares, diferencia que marca xa as posibilidades de éxito fronte á lectura. 
 
Na súa constante e natural evolución, as bibliotecas escolares acolleron a nova oralidade secundaria, que promove a comunicación a través dos medios. Programas como Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Biblioteca Inclusiva, abriron as portas a unha oralidade máis formal en forma de podcasts, audiolibros, espazos de coloquio e expresión, facilitando recursos e oportunidades para a adquisición de habilidades e competencias comunicativas de amplo espectro, pois en tempos de comunicación dixital fanse imprescindibles estas competencias básicas: unha expresión oral rica e coidada e unha interpretación o máis axustada posible dos textos orais dispoñibles. 
 
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade. 
 
 
 

MOC MOC ESPECTÁCULO

O ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA FOI CONVIDADO Á ACTUACIÓN DE MOC MOC,

ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA BIBLIOTECA MUNICIPAL DENTRO DA PROGRAMACIÓN "LER CONTA MOITO".

DÍA DA DEMOCRACIA

Posted in

Para conmemorar o Día da Democracia as diferentes equipas de dinamización fan a seguinte proposta.

Estas son algunhas das actividades levadas a cabo.

 

 

PROTOCOLO BE "CARLOS LABRAÑA" - CURSO 2021-2022

DENDE A BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" DÁMOSLLE A BENVIDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

PODEDES LER O PROTOCOLO DESEÑADO PARA ESTE CURSO ESCOLAR NAS FOTOGRAFÍAS OU EN PDF.

QUEDAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN.