Skip to main content

Marzo 2021

Experimentando na radio!

 

  Estes días tivemos a sorte de poder aprender de radio da man de Rede ESPORA (Rede de Escolas pola Radio)! A nosa radio forma parte do programa Radio na biblio impulsado por Bibliotecas Escolares e o alumnado de 4º de primaria tivo a oportunidade de participar nunha formación incluída dentro do programa.

 


Traballaron sobre os compoñentes da radio, aprenderon cómo empregar a mesa de sonido, cómo manexar o programa Audacity e moito mais! En definitiva, todo o necesario para poder levar a cabo un programa de radio de principio a fin do xeito máis autónomo posible... seguro que en breves os podemos escoitar polas ondas da nosa radio!

Día Mundial do Teatro

O día 27 de marzo celébrase o "Día Mundial do Teatro". Con moita ilusión creamos unha nova aula de teatro na que levamos traballando un tempo, na que tamén elaboramos un teatro de sombras. Seguindo os consellos e orientacións de Quique Vázquez, que nos axudou con toda a parte técnica, acabamos de estrear a aula coa obra: "A toupiña que non sabía quen lle puxera aquilo na cabeza", interpretada por mestres do noso centro!!! Nos vindeiros días haberá máis actuacións, tanto de teatro como de teatro de sombras.

Puede ser una imagen de una o varias personas e interiorPuede ser una imagen de interior y texto que dice "ARTISTAS"Puede ser una imagen de interiorPuede ser una imagen de interior y texto que dice "ENTRADA"Puede ser una imagen de interior

DÍA DA POESÍA

Posted in

Dado que este ano a homenaxeada polas Letras Galegas é Xela Arias, os Vagalumes de 1ºC,

decidiron investigar a súa biografía dende a web da Primavera das Letras, así descubriron a Xela poeta, pero tamén a persoa.

Na Biblioteca Carlos Labraña continuaron profundizando e realizando unha escolla das súas poesías.

 

Posteriormente deseñaron un marcapáxinas en Canva para plasmar as composicións.

Escollendo unha caricatura das ofertadas na Primavera das Letras.

Remataron practicando o recitado, sós ou en compañía, libremente por todo o espazo da biblio.

 

 

Traballo de investigación polo día da muller traballadora

Polo día da muller traballadora, buscamos información sobre mulleres galegas relevantes para nós. Cada clase elaborou unhas páxinas sobre a biografía, debuxos, elementos relevantes,... da muller escollida pola aula. O resultado final foi a elabroación dun genial.ly que recolle dun xeito interactivo todo o traballo realizado por mestres e alumnado do centro.

 

O Coronadiario

 

 

 

A semana do 8 ao 12 de marzo conmemórase a Semana da Prensa e, o voluntariado da biblioteca participou creando esta exposición que vos ensinamos hoxe. Concretamente, traballaron con prensa escrita escollendo en diferentes xornais novas destacadas relacionadas có coronavirus, a vacinación, o traballo dos sanitarios...

Novos proxectos en marcha!

  

 

  Dende o equipo da biblioteca estamos a preparar algo moi chulo que vera a luz polo Día mundial do teatro...

O alumnado voluntario tamén está inmerso no traballo e, neste caso, traballaron na parte da cartelería deseñando unhas letras en 3D! Para iso, tiveron que empregar a aplicación Tinkercad e a impresora 3D que forma parte do espazo argalleiro da biblio! Quedaron ben chulas!!

Exposicións deste mes!

Fai uns días vos ensinamos a exposición de libros de Rosalía e, nesta ocasión, queremos contarvos outras dúas exposicións que temos este mes! Por un lado, no noso polbo, temos unha pequena escolla de libros sobre mulleres relevantes, có motivo do Día internacional da muller (e que en breves se completará có libro que vos anunciamos aquí!!) e, na estantería, xa podedes ver materiais sobre poesía xa que o 21 de marzo conmemórase o Día mundial da poesía.

 

ROTEIRO: SAN ISIDRO - XEOGRAFÍAS LECTORAS #bescolaresgalabertas

Posted in

O alumnado de 1º C (Os Vagalumes) realizan un roteiro por San Isidro para coñecer o límite entre dúas parroquias.

Durante a saída a rapazada tiña que conseguir tres retos, identificando plantas e cunchas, sempre respectando á natureza.


 

O reto máis importante era recoñecer e situar o límite natural entre dúas parroquias: Piñeiro e Esteiro, que é o Rego do Medio.

Podedes ver a súa documentación no Diccionario toponímico do Concello e da Ria de Cedeira, de Xosé-Álvaro Porto Dapena, na páxina 369-370.

 

Tamén se aproveitou para colgar os adornos realizados por Baba Marta (actividade que xurde polo interese dun neno búlgaro)

e para xogar, crear, imaxinar tan necesario nun ano que deixou de lado a socialización tan necesaria na infancia.

ALFABETIZACIÓN DIXITAL

Posted in

O alumnado de 1º de E.P. realizou varios obradoiros de Lego WeDo, coa intención

de tratar a brecha dixital e formar dun xeito crítico ás nenas e nenos de cara á tecnoloxía.

 

A intención non é seguir simplemente as instruccións de montaxe,

senón ser quen de programar outras ordes para conseguir que o robot creado realice.

 

Hai que pensar, reflexionar, tamén equivocarse e volvelo intentar.

Aprender a traballar xuntos e compartir esa información con outros e,

así,  poder mellorar as ordes entre todos, para que o robot realice algo útil para nós.

 

Experiencias viaxeiras en 5 anos

  

   Nas aulas de 5 anos retomaron fai pouco unha dinámica moi chula. Cada semana, un par de alumnos ou alumnas leva en préstamo durante uns días para a súa casa unha mochila que contén un conto pero tamén algún material pensado especialmente para completar a experiencia lectora coa familia. Así, a través desta acividade achéganse á lectura e crece a motivación cara os libros e as boas historias. E, por suposto, unha vez a traen de volta e pasan uns días de corentena, a mochila volve a viaxar!