BIBLIOTECA

Xogamos as agachadas...

Dous personaxes dun libro moi importante de Miguel de Cervantes están agochados... será quen de atopalos?

Clica na imaxe ..

Xogamos?

Clica na imaxe e comproba o que sabes...

23 de abril. Día do libro

Por que celebramos o día 23 de abril o día do libro?

Clica na imaxe e presta atención.

Búscamos.

 

 

QUERES DEBUXAR NO  ENCERADO DA BIBLIOTECA???

 

Gustaríache que un debuxo teu aparecese no encerado negro da entrada da biblioteca?

Es un/unha gran debuxante e queres compartir os teus deseños con todos?

 

Buscamos:

  • •Unha persoa con gran talento para debuxar. 
  • •Unha imaxinación impresionante. 

 

 

Es ti a quen buscamos??

Se estas interesado ou interesada fala con Ana, profe de música

Grandes programadores informáticos na biblioteca do CEIP Nazaret!

O alumnado de cinco anos acompañados pola súa titora e por o profe Calvar estiveron experimentando coas tablets e os legos, a programación non ten segredos para estes cativos e cativas.  Son uns expertos!!!

Os nenos de 4 anos visitan a biblioteca.

Como todas as semanas o noso alumnado de 4 anos visita a biblio para escoller un libro interesante, esta semana a profe Sara que os acompañou xunto coa titora aproveitou para ler un conto. Mirade que atentos e atentas estaban!!

O texto instructivo: Escribimos, experimentamos e comemos.

Despois de investigar na sección  dos libros de cociña e de recompilar diferentes receitas típicas do entroido o alumnado de quinto de primaria atreveuse a experimentar coas tixolas e os fogóns, despois de escribir a receita  foron quen de facer as filloas máis espectaculares de todo o Morrazo, demostrando a súa habilidade  na cociña e o seu bo dente en papalas todas.

Día de Rosalía

Os libros de Rosalía saen ao corredor para que o noso alumnado os poida ollar.

Ollo as novidades.

Na porta da biblio temos un novo recuncho , as novidades máis esperadas e interesantes estarán expostas durante unha semana para que podades botarlle un ollo. Non esquezades que no interior da biblio hai unha caixa de correos para facer as vosas  suxestións!

Mulleres na ciencia

Os alumnos e alumnas buscan información sobre as mulleres científicas do mural da biblio. Como bos científicos farán preguntas que só os lectores atentos saberán  responder.

 

Distribuir contido