BIBLIOTECA

Horario de apertura da biblioteca no recreos.

Queres vir a biblioteca na hora do recreo e non sabes cando lle toca ao teu curso???

Pois... aquí vos queda o horario!

Esperámosvos!!!

Recreos na biblioteca!

Por fin a biblioteca volve abrir as portas na hora do recreo!!!

Queres ler tranquil@ sentad@ no sofá? Queres investigar sobre algún tema que che apaixona? Gústache debuxar, escribir historias, ou simplemente che gusta  remexer nos libros na procura de historias que che fagan viaxar a mundos estupendos?

Pois Esperámoste na biblioteca!

Ademais contamos cos mellores axudantes que che poderán botar unha man si o precisas!!!

Samaín na biblioteca... Hoxe toca pasar medo!

Ao corredor saíron os libros máis terroríficos… Corre corre Cabaciña, a bruxa regañadentes, vampiros, lobishomes, pantasmas nos corredores, zombies aterradores, e na biblioteca apagáronse as luces e os menos máis valentes foron quen de ver os curtos máis arrepiantes.

Pasámolo de medo!!!

Cangas, onte e hoxe

Unha personaxe descoñecida enviou unha carta ao noso alumnado para invitalos a exposición Cangas onte e hoxe....

Quen será ? De onde virá? Cal será a súa historia?

Ademais de poder visitar a exposición que supuxo unha viaxe no tempo na que puidemos comprobar os cambios na nosa vila durante os anos. Todas as titorías recibimos un agasallo para enriquecer a nosa biblioteca de aula

O día das bibliotecas foi celebrado cunha gran festa!

Seguiremos informando sobre este novo habitante da nosa biblioteca.

 

CANGAS, MOITO QUE VER, MOITO QUE APRENDER 2

GRAZAS POLA ESTUPENDA RESPOSTA!

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS DAS FOTOS QUE NOS ACHEGASTES E QUE EXPUXEMOS NOS PANEIS

                           

                           

                           

                           

                               

CANGAS, MOITO QUE VER, MOITO QUE APRENDER

 

Estimadas familias, este curso no CEIP Nazaret traballaremos sobre CANGAS.

Dende o equipo de biblioteca solicitamos a vosa colaboración na actividade

“Cangas onte e hoxe”

Pretendemos facer unha exposición  comparando fotografías antigas e actuais de Cangas (poden

ser fotografías de calquera recuncho do municipio: Cangas, Aldán, Hío, Coiro ou Darbo)

O que queira participar deberá  traer ao cole fotocopia da fotografía antiga e fotocopia da foto

actual. 

No reverso deberá aparecer nome do alumno, curso,  data e localización da fotografía antiga.

 

Deixámosvos un exemplo:

Cangas onte CANGAS ONTE. PRAZA DA CONSTITUCIÓN.

 

Cangas hoxe CANGAS HOXE

Entregar antes do venres 14 de outubro.

Animádevos a participar!!!

 

Non me rompas a cabeza

Ponte a proba,  serás quen de resolver estes crebacabezas sobre personaxes da mitoloxía galega?

Clica na imaxe e averíguao. ( As imaxes son ilustracións de Pinto e Chinto, do calendario de Personaxes mitolóxicos galegos editado polo diario A voz de Galicia este ano 2022)

 

 

Críticos literarios do CEIP Nazaret

O curso está rematando xa... pensa en todos os libros que liches durante este curso. seguro que hai algún que se converteu no teu favorito. Queres facer unha pequena recomendación?

Ponte en contacto coa profe que está na biblioteca, ela encargarase de que a túa recomendación chegue a todos os compañeiros do centro.

Anímate e participa!

Os mellores lectores

Aquí temos aos mellores lectores deste curso 2021/2022 do Ceip Nazaret: Iria e Mateo, os dous de 2º de E.P, destacaron este curso por ser uns fans fieis da nosa biblio. Parabéns!

Mirade que contentos están cos agasallos!!

No sofá con Adrián

Traballamos diferentes tipos de textos, aquí temos a entrevista que Adrián lle fixo a un familiar sobre unha festa tradicional galega... O futuro do periodismo está no CEIP Nazaret! Clica para escoitar a entrevista.

Distribuir contido