BIBLIOTECA

Ven botala partida ao Ceip Nazaret.

Recomendacións lectoras en lengua castelá.

Ola a todos e todas! Aquí están os mellores libros en castelán, completa a túa carta de agasallos cun bo libro! Non esquezas visitar as librarías do pobo, seguro que alí atoparás estas aventuras... e outras tamén moi interesantes. Felices festas!!

Navegamos pola biblioteca. Detectives de libros.

Navegamos pola biblioteca.

Chegou a hora de practicar e coñecer a biblioteca para saber localizar o libro que queremos ler, gozar, investigar...

Desciframos a nosa CDU mergullándonos nun xogo de pistas proposto por unha personaxe nova na nosa biblioteca: A Nécora Zon de Ardora.

Aí tedes a actividade:

Experimentamos na Biblioteca

Aquí está o vídeo máis esperado... os nosos experimentos na bilioteca!!!

Caderno de recollida de información.

Clicade na imaxe se queredes ver o caderno de recollida de información dos experimentos.

Pasapalabra

A semana pasada na clase de 4º da PROFE ABI estiveron  traballando  o PDI deste curso. Tan bo traballo fixeron, que crearon un Pasapalabra estupendo con todo o que aprenderon.

Pareceunos tan, tan, tan IMPRESIONANTE  que decidimos pasalo a dixital para poder compartilo con todo o cole…

A ver si sodes quen de resolvelo sen equivocarvos…

CLICADE NA IMAXE PARA PODER XOGAR     E COMPROBAR… CANTO SABEDES DE CANGAS!!

Ciencia en Galego.

Ola Nazaret!

Aquí temos o caderno máis científico, as propostas máis alucinantes, os experimentos máis abraiantes... Esta semana vai ser cientificamente galega!

Clica na imaxe e documéntate!

 

 

 

 

E si quedas con ansia de experimentar... ven a biblioteca, e na zona de consulta atoparás moitas máis propostas flipantes!!

 

Mes da ciencia en galego.

Xa estamos en novembro!

Mes da ciencia en galego, desde a biblioteca propoñemos a todo o noso alumnado unha actividade que seguro vos vai a gustar....

Experimentamos?

Unha caixa chea de sorpresas visitará as vosas clases, preparade esas neuronas científicas para resolver os grandes enigmas da ciencia.

Biblioteca edicións SL

Uns alumnos de sexto propuseron unha idea ... e pareceunos tan, tan estupenda que nos puxemos mans a obra...

Así que ... si eres un artista coas palabras e queres compartir as túas creacións con todos nós... prepara os teus escritos e achégate a biblioteca!!!!!

Distribuir contido