Skip to Content

blogue deCalvar

PROPOSTA DE TRABALLO DO 11 AO 18 DE MAIO para Educación Física.

Ola a todas/os,

Xa está publicada a proposta para actividades de Educación Física para esta semana no blog.

Seguimos co Atletismo.

Seguide facendonos chegar as vosas fotos paracticando deporte estes días, para podelas subir ao blogue.

Moito ánimo.

 

PROPOSTA DE TRABALLO DO 11 AO 18 DE MAIO para Educación Física.

Ola a todas/os,

Xa está publicada a proposta para actividades de Educación Física para esta semana no blog.

Seguimos co Atletismo.

Seguide facendonos chegar as vosas fotos practicando deporte estes días, para podelas subir ao blogue.

Moito ánimo.

 

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO: Atletismo II, velocidade e vallas

Ola unha semana máis,

Nesta semana seguimos coa proposta de Atletismo, desta vez coas disciplinas de velocidade e vallas.

Algúns dos compañeiros/as estanos a facer chegar vídeos ou fotos facendo algunha das actividades que propoñemos, pouco a pouco iremos subíndoas ao blog.

Para as sesións desta semana, iniciade cunha carreira suave, se pode ser en compañía dalgún familiar da casa mellor, (irmán, papá, mamá... ) e despois os estiramentos e movilidade articular da semana pasada.

Para a mellora da carreira hai moitos exercicios, estes que propón Paloma, son moi básicos. Ao final do vídeo hai sorpresa.

Ánimo

Para o traballo da coordinación e velocidade, podedes facer algúns de estes exercicios moi sinxelos. Soamente tedes que marcar unhas liñas no chan.

Estes xa son mais difíciles wink, pero de seguro que os sodes capaces de facer, Non fai falla ter unha escaleira, podemos utilizar as baldosas do chan como referencia. No final do video tedes unha pautas para realizar estes exercicios.

Nas carreiras de velocidade, a saída, faise dende unha posición baixa. Estes exercicios traballan este tipo de saída.

A velocidade de reacción, é moi importante nos velocistas. En clase xogabamos a "Pepas e pepes", para pillar o compañeiro/a. Outros exercicios para traballar a velocidade de reacción poden ser estes.

As vallas, forman parte das carreiras de velocidade en pista. As vallas están preparadas para cair no sentido da carreira, e non para tropezar con elas. Non poñer obstaculos para practicar vallas, porque pode ser perigoso.

Este video ten un exercicios moi simples para vallas. Podedes practicar a primeira parte, actividades sen vallas.

Como sempre animámosvos a poñer en práctica estas propostas e que nos mandedes os vosos vídeo ou fotos.

Moito ánimo.

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANA DO 4 AO 10 DE MAIO: ATLETISMO

Ola a todas e todos,

Esta semana que xa recuperamos as saídas pola rúa, imos tentar volver algunhas das cousas que tiñamos que dar no Cole.

Recordade que este ano era olímpico, e un dos deportes mais importantes dos Xogos é o Atletismo.

Pero como ides ver o Atletismo é una disciplina moi ampla. Así que imos a dividila para poder dala ao longo de varias semanas

Estas primeiras semanas darémonos a carreiras e marcha atlética.

Atentas e atentos os vídeos e aos traballos voluntarios que podedes entregar se queredes mellorar. (están na parte final desta entrada no Blog)

INTRODUCCION

Para abrir boca

 

QUECEMENTO

Parte fundamental para practicar calquera deporte smiley

 

MARCHA ATLÉTICA.

Importante na marcha atlética, como na vida, ter sempre un pe no chan wink.

EXERCICIOS PARA TÉCNICA DE MARCHA

Para realizar estes exercicios temos que coller unha liña recta e camiñar sobre ela. Aínda co vídeo ten unha parte persoal da nena,atendede aos exercicios

.

ESTIRAMIENTOS

Para rematar sempre hai que dedicarlle un tempo aos estiramentos angry.

.

INSTALACIÓNS NO ENTORNO

 

Pista de Atletismo do Concello de Cangas,

Sabedes que preto do Colexio temos unha pista de atletismo

Ademais hai varios clubes de Atletismo que de seguro nos reciben con brazos abertos se queremos practicar este deporte, cando se poida de novo.

 

PROPOSTA DE TRABALLO.

Agora toca traballar o que aprendemos.

Pois ben, o traballo voluntario é que nos fagades chegar aos nosos correos (Profe Duarte ou Jose Manuel) fotos ou vídeos vosos de Atletismo. Correndo, facendo algúns dos exercicios que están lo blogue ou outros.

Tamén podedes mandarnos, se gañastedes algunha medalla nunha carreira, a vosa foto xunto cunha breve explicación de como a conseguiches, que tipo de carreira era, onde, etc

Se estades nalgún clube de atletismo, tamén podedes poñervos a camiseta de competición e mandarnos a vosa foto.

Animádevos.

 

PROPOSTA SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO: PÁXINA WEB MOI INTERESANTE PARA INFANTIL

Ola, esta vez para os máis peques,

Déixovos unha lizagón a unha páxina web onde podedes atopar moitos recursos para Ed Infantil, entre eles ides atopar moitos xogos para facer coas nenas e nenos mais noviñas/os do noso cole.

Escolas Infantís de Galicia

Saúdos.

PROPOSTA SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO: XOGOS POPULARES NA RÚA

Ola a todos e todas,

Por fin xa podemos saír un pouquiño a rúa, e témolo que aproveitar, se o tempo o permitecool.

Deixo unhas propostas de xogos populares, para que xoguedes. Hai que practicar que o próximo mes son as Letras Galegas.wink

Recordar normas que aínda temos que cumplir, como poden ser... distancia social entre persoas, non compartir os xoguetes con outros compañeiros/as, xogar coas persoas do ambito familiar,  etc.

Aproveitar o pouco tempo que temos para poder xogar na rúa,

E moito ánimo.

 

Chapas

Podemos usar calqueira tipo de tapón que teñamos por casa dalgunha botella. Incluso decoralas pola parte interior.

A mariola, tejo, La rayuela.

Ten moitos nomes dependendo do lugar onde se xogue, soamente necesitamos algo para pintar no chan e una pedra para lanzala.

Tres en raia.

O video amosa como facer un taboeiro, pero non ten porque ser tan sofisticado, cun pouco de imaxinación tamén serve calqueira outro tapete.

A este xogábamos, wink, e voltaremos a xogar

 

Ra

Como no anterior deixovos unha das multiples formas que hai de fabricar unha ra caseira para poder xogar.

 

 

Bolas, canicas

Entramos nos xogos que fai falla material para xogar, pero son moi divertidos e seguro que no faiado, trasteiro dalgún avo atopamos canicas.

 

 

Bolos

Xogo de toda a vida, como na ra, un dos múltiples videos onde podedes ver como facer unha bolos caseiros.

 

 

Saltar a corda

O de saltar a comba é de repaso para moitos de vos,surprise

 

Trompo, (peonza)

Xa non estamos no San Martiño, pero podemos xogar igual.

Xogo do aro

Antiguamente xogábase con aros tos toneis de viño, agora xa é dificil conseguilos. E un xogo tradicional, que é imprescindible coñecer .

 

Tedes moitas propostas, agora sodes vos que elixe e xoga.

Animo, que de seguro que nos imos ver pronto.

Saudos.

BOLSIÑA CON MATERIAL DE REFUGALLO

BOLSIÑA FEITA CON MATERIAL DE RECICLAXE.

Fantástica bolsa Made In FeitaNaCasa, que podedes facer con material de refugallo

que todos temos pola casa.

Non vos esquecer de customizala ao voso gusto. cool

 

PROPOSTA SEMANA DO 20 AO 26 DE ABRIL (1) INDIACA OU PETECA

Ola outra semana,

A proposta que vos deixamos é moi doada. Imos facer unha indiaca ou peteca, e despois uns exemplos de exercicios moi sinxelos para poder xogar con ela.

Se non tedes material para facer a indiaca, podemos sustituila por una bola de calcetins a que lle cosemos ou atamos unhas cintas feitas con bolsas plásticas.

Usamos un pouco a imaxinación e aproveitamos o que temos o noso redor.

Agora deixovos este video, dun profe arxentino co seu fillo, para poder xogar coa vosa indiaca.

Moi importante as medidas de seguridade:

- Espazo amplo para non tropezar e levar golpes

- Un lugar onde a indiaca non poda tirar nada.

- E quendar ben as articulacións antes de poñerse en marcha.

 

 

 Gustaríanos moito, que nos mandásedes fotos das vosas indiacas e videos de como xogades con elas para podelos publicar.

Facédeo a través dos comentarios no blog, que despois de revisalos iremos publicando.

 

SODES MOI GRANDES!!!

MOITO ÁNIMO CAMPIONAS E CAMPIÓNS!!!

 

 

Cuestionario sobre os Xogos Olímpicos Antigos

Ola novamente,

Como xa sabedes, este ano estabamos a tratar os Xogos Olímpicos, así que imos aprender un pouco sobre as antigas olimpiadas que se celebraban en Grecia.

Ver este vídeo, e estade atentos, porque vaise parar e vos fará unha pregunta. Escollede soamente unha resposta. Ánimo campionas e campións!

Coordinación a través da percusión corporal para Ed Primaria

Ola de novo

Esta semana tentaremos facer un pouco coordinación a través de percusión corporal.

Segue o consellos que dábamos para facer Yoga.

Deixovos dous videos para acompañedes as cancións co ritmo de mans e pernas

Ánimo!!

Agora imos complicalo un pouco mais.

Este é o nivel avanzado, para os que lles pareceu doado o anterior.

Ainda que os videos están en inglés son faciles de seguir, tedes que repetir o que fai o profe, como se forades un dos alumnos.

Estaría moi ben, que vos inventáredes un ritmo con percusión corporal propio. Se o facedes gravadeo e compartíde!

Ánimo.

 

Distribuir contido



by Dr. Radut