Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Radio escolar

23 de febreiro...DÍA DE ROSALÍA

"ROSALÍA NA MEMORIA"...


  Baixo este título, escóndese o traballo do alumnado do cole para celebrar o 23 de febreiro, Día de Rosalía.

  Neste día, os cativos e cativas do cole, quixeron homenaxear a autora cun vídeo representativo sobre os momentos máis importantes da súa vida, partindo do proxecto da nosa biblio do mundo do CINE.

  Dende Radio Baliño, deixámosvos esta regueifa compostas polos alumn@s de e un fermoso poema de Rosalía que forman parte desta superprodución tan especial!!

  Animádevos e entrade na nosa Biblio para desfrutar deste curto!!

 

 

30 DE XANEIRO... Día da PAZ

  Dende o ano 1964, celébrase o 30 de xaneiro o "Día Escolar da Non Violencia e da Paz" como homenaxe ao líder pacifista Mahatma Gandhi.

  Para conmemorar esta data, os nen@s do cole realizaron varias actividades ao longo da semana e dende Baliño nas Ondas, deixàmosvos esta pequena mostra do seu traballo.

  

CHEGOU O NADAL…

Os mellores desexos...

   Dende Radio Baliño e a través das ondas, gustaríanos desexarvos de parte dos pequech@s e de to@s os que formamos parte deste cole, un Bo Nadal, e enviarvos os nosos mellores desexos con esta panxoliña que preparamos, con moito agarimo e ilusión, para @s nos@s amiguiñ@s e veciñ@s do Centro de Día.

   BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVOOOO!!  

 

25 de Novembro: BALIÑO EN VIOLETA

    Neste día, dende o cole, loitamos para dar visibilidade a NON VIOLENCIA, con multitude de proxectos baixo o lema "BALIÑO EN VIOLETA"

     Dende Baliño nas Ondas, deixámosvos esta canción traballada e interpretada polo alumnado de 5º e 6º, como unha pequena mostra dese día.

 

GUADI GALEGO- MATRIARCAS.

 

  

ANIMACIÓN A LECTURA...

 Esta semana, dende a BIBLIO e dentro do proxecto de ANIMACIÓN A LECTURA, visitounos a actriz e pedagoga SABELA GAGO.

Con ela puidemos voar a un mundo cheo de sorpresas a través dos CONTOS, e pasámolo súper xenia!

Ao finalizar a experiencia, os nenos e nenas de e 6º tiveron a oportunidade de entrevistala e coñecer algo máis da súa traxectoria tanto persoal coma profesional.

Queredes coñecer un pouquiño máis de Sabela? Pois só tedes que escoitar atentamente...

 

 

MAGOSTO...

Chegou o MAGOSTOOOO!! 

Tempo das CASTAÑAS, e festa rachada!! e como non hai festa sen cantigas, aquí tedes esta CANTIGA POPULAR dos pequechos do cole!! 

 

 

SAMAÍN

Arrincamooooosssss!! 

   Neste curso 21-22, dende RADIO BALIÑO, animámosvos a tod@s a que escoitedes os nosos posts, nos que vos amosaremos algúns dos traballos e actividades que realizamos no cole.

   Agardamos que desfrutedes tanto coma nós deste proxecto no que pouco a pouco e con moita ilusión, imos aprendendo cousas novas cada día para converternos en todos uns profesionais do medio!!

   E para ir "abrindo orella" aquí tedes, dende BALIÑO NAS ONDAS,  ao alumnado de de primaria que preparou este Rap Monstrosooo!! para bailarrrrr no SAMAÍN...

 

   Despois dun pouco de música, gústanvos os contos de medo???

Pois escoitade ben, porque o alumnado de e contáronnos, dende a Biblioteca, uns contos terroríficosssss!!

"AS FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS" (Victoria García) Interpretada por: Saray e Nerea.

 

"LAS TRES PEQUEÑAS LECHUZAS" (Martín Waddell) Interpretado por: Claudia e Daniela.

 

"RUFUS, UN MORCEGO QUE ADORABA AS CORES" (Tomi Ungerer) Interpretado por: Manuel e Fabrizzio.

 

"UN PESADELO NO MEU ARMARIO" (Mercer Mayer) Interpretado por: Angelis.

 

 

Lenda

Dende o CEIP Plurilingüe Monte Baliño de Pantón, colaboramos coa Deputación de Lugo nun proxecto para fomentar o turismo, un dos sectores económicos máis prexudicados pola pandemia da COVID. Máis concretamente, o alumnado de 5º de primaria converteu en teatro unha lenda da zona, emprazada nun lugar próximo á nosa escola que ten un gran valor, non só turístico, senón tamén etnográfico e cultural. Agardamos que vos guste!

 

 

 

 

Xela Arias programa presentado ao concurso de radio escolar

Ola a tod@s!

Os alumn@s de 5º e 6º de primaria crearon unha letra adaptada a unha melodía popular de pandeireta, o maneo de Limiñoa, para homenaxear a Xela Arias a escritora a que este ano se lle adican as letras galegas. Aínda que non conseguiran gañar o concurso ímola compartir con vós porque quedou moi chula.

Un saúdo dende Radio Baliño.

Semana do libro ( fomento da lectura)

Hoxe no noso programa de radio baliño as nenas e nenos de 1º e 2º de educación primaria vannos dar conta do importante que é a lectura e das cousas boas que nos pode aportar.

Non vos perdades estes consellos tan valiosos das nosas e nosos expertos lectores!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut