Co gallo da celebración do aniversario dos 50 anos do Monte Baliño, o alumnado do cole está a realizar diferentes actividades de recopilación da historia do acontecido neses momentos...
unha das actividades que se están levando a cabo é un ciclo de entrevistas a diferentes persoas que tiveron contacto co centro nalgúns destes anos, como non podía ser doutro xeito, a primeira persoa é Antonino, un antigo mestre e director que estivo ao fronte do cole durante moitos anos, aqui o alumnado de cuarto e sexto póñeno a proba na nosa radio, con diferentes preguntas e cuestións, que con moito agarimo e bo facer, lle contestou o entrevistado!
Seguiremos recopilando diferentes historias, moitas grazas Antonino!
O alumnado do Monte Baliño fomos de excursión a Cangas e vimos a Ría, e vimos o mar, vimos os barcos, os peixes, e como se pescaba. tamén cómo é o funcionamento dunha lonxa e degustamos delicias do mar no mercado municipal de Cangas. Menudo día!!!
Este ano, para conmemorar esta data, o alumnado do cole participou en diversas actividades, entre elas, a elaboración dun programa de radio en directo.
Así, coas súas actuacións, nas que os nen@s amosaron as súas dotes de artistas , rendímoslle unha pequena homenaxe ao escritor Florencio Delgado Gurriarán, ao que se lle adicou este ano o Día Das Letras Galegas.
Baixo este título, escóndese o traballo do alumnado do cole para celebrar o 23 de febreiro, Día de Rosalía.
Neste día, os cativos e cativas do cole, quixeron homenaxear a autora cun vídeo representativo sobre os momentos máis importantes da súa vida, partindo do proxecto da nosa biblio do mundo doCINE.
Dende Radio Baliño, deixámosvos esta regueifa compostas polos alumn@s de 6º e un fermoso poema de Rosalía que forman parte desta superprodución tan especial!!
Animádevos e entrade na nosa Biblio para desfrutar deste curto!!
Dende o ano 1964, celébrase o 30 de xaneiro o "Día Escolar da Non Violencia e da Paz" como homenaxe ao líder pacifista Mahatma Gandhi.
Para conmemorar esta data, os nen@s do cole realizaron varias actividades ao longo da semana e dende Baliño nas Ondas, deixàmosvos esta pequena mostra do seu traballo.
Dende Radio Baliño e a través das ondas, gustaríanos desexarvos de parte dos pequech@s e de to@s os que formamos parte deste cole, un Bo Nadal, e enviarvos os nosos mellores desexos con esta panxoliña que preparamos, con moito agarimo e ilusión, para @s nos@s amiguiñ@s e veciñ@s do Centro de Día.
Esta semana, dende a BIBLIO e dentro do proxecto de ANIMACIÓNALECTURA, visitounos a actriz e pedagoga SABELA GAGO.
Con ela puidemos voar a un mundo cheo de sorpresas a través dos CONTOS, e pasámolo súper xenia!
Ao finalizar a experiencia, os nenos e nenas de 5º e 6º tiverona oportunidade deentrevistala e coñecer algo máis da súa traxectoria tanto persoal coma profesional.
Queredes coñecer un pouquiño máis de Sabela? Pois só tedes que escoitar atentamente...