Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Radio escolar

Discurso 50 aniversario

Este discruso tan ben falado polo alumnado de cuarto, foi o que abriu as portas da nosa exposición dos cincuenta anos do Monte Baliño.

Letras galegas 2023

Este 2023 adicouselle o día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, o alumnado de sexto preparou un pequeno resumo sobre este día e sobre este autor.

Aquí vos vai!

Estudache no Monte Baliño?

O 50 aniversario do noso cole estanos dando moitos momentazos de información que non sabiamos e un gran abano de posibilidades que o noso alumnado non deixa de aproveitar!

Hoxe saimos á rúa con gravadora en man e despois de elaborar un guión cunha serie de preguntas fomos a buscar a toda aquela xente que durante estes últimos 50 anos estudara no Monte Baliño, que divertido, cantas cousas aprendemos!

Aquí vos deixamos con estes xeniais reporteiros e reporteiras!

 

Entrevista a Pedro Gómez Álvarez

Hoxe tivemos unha visita na nosa radio escolar dunha persoa moi vinculada coa educación, que nos axudou a entender moitos cambios educativos que se deron na historia da educación, do noso cole e das unitarias que existían na contorna.

O alumnado de sexto fíxolle unha entrevista dentro do noso percorrido polos cincuenta anos do Monte Baliño!

Moitas grazas Pedro polo teu tempo e as túas palabras!

Día da poesía

Hoxe foi un día moi especial, cheo de celebracións, chega a primaveira, o día da árobe e o día da poesía!

Pero se algo temos que destacar hoxe tamén, é que estamos moi orgullosas e orgullosos do noso alumnado, por primeira vez este curso emitimos en directo un programa adicado a poesía durante a hora do recreo, que ben o fixeron, que xeito, que arte, que maneira de emocionarnos!

NORABOA A TODAS E A TODOS POR ESTE GRAN PROGRAMA!

As nosas mulleres

Este ano para conmemorar o 8 de marzo, convidamos de maneira aberta a calquera muller da nosa contorna para que viñese ao centro a falarnos da súa actividade profesional e todas aquelas outras cousas que lles gustara compartir con nós.

Temos que dicir que tivemos a tres grandes mestras de ceremonias, elas pasaron con nós un anaquiño do seu tempo, e obsequiáronos coas súas experiencias de vida e sabedoría, aqui vos deixamos unhas pequenas entrevistas que o alumnado de quinto e sexto fixo.

Moitas grazas a María, Iria e Puri, unha vez máis!

 

Entrevista a Antonino

Co gallo da celebración do aniversario dos 50 anos do Monte Baliño, o alumnado do cole está a realizar diferentes actividades de recopilación da historia do acontecido neses momentos...

unha das actividades que se están levando a cabo é un ciclo de entrevistas a diferentes persoas que tiveron contacto co centro nalgúns destes anos, como non podía ser doutro xeito, a primeira persoa é Antonino, un antigo mestre e director que estivo ao fronte do cole durante moitos anos, aqui o alumnado de cuarto e sexto póñeno a proba na nosa radio, con diferentes preguntas e cuestións, que con moito agarimo e bo facer, lle contestou o entrevistado!

Seguiremos recopilando diferentes historias, moitas grazas Antonino!

Excursión Cangas

O alumnado do Monte Baliño fomos de excursión a Cangas e vimos a Ría, e vimos o mar, vimos os barcos, os peixes, e como se pescaba. tamén cómo é o funcionamento dunha lonxa e degustamos delicias do mar no mercado municipal de Cangas. Menudo día!!!

 

17 DE MAIO: Día Das LETRAS GALEGAS

   Este ano, para conmemorar esta data, o alumnado do cole participou en diversas actividades, entre elas, a elaboración dun programa de radio en directo.

   Así, coas súas actuacións, nas que os nen@s amosaron as súas dotes de artistas , rendímoslle unha pequena homenaxe ao escritor Florencio Delgado Gurriarán, ao que se lle adicou este ano o Día Das Letras Galegas.

   Agardamos que vos guste!

 

VISITA DOS VOLUNTARIOS DE CÁRITAS

    Esta semana visitáronnos Mary e Mario, dous voluntarios de Cáritas Monforte que fan un labor encomiable.

  Viñeron recoller o material escolar que o centro lle doou a esta asociación e tamén nos fixeron partícipes dunha morea de historias.

  O alumnado de e preparou un programa de radio. Para saber máis, dálle ao Play!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut