Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Radio escolar

Entrevistas sobre deporte

Os alumnos de 4º de primaria aproveitando unha actividade de realizar entrevistas aos compañeiros na materia de lingua castelá sobre os deportes fixeron este pequeno programa de entrevistas que contou coa colaboración dos seus compañeiros e compañeiras de 3º de primaria.

Grazas a todos/as pola vosa participación.

Dia da muller 8/03/2021

Hoxe no noso programa de Radio Baliño os alumnos/as de 3º e 4º de primaria falarán de moitas das mulleres máis importantes no noso país en diferentes ámbitos ( escritoras, cantantes, científicas...)

Esperamos que vos guste.

 

Rosalia de Castro

Co gallo do festexo do día de Rosalia de Castro os rapaces e rapazas de 1º e 2º de primaria participaron nun programa de lectura e recitado para a radio escolar.

Aquí vos deixamos o programa preparado por eles para esta data tan especial.

Un saúdo dende Radio Baliño.

 

Dia Mundial da Radio

O día 13 de febreiro celébrase o día mundial da radio. Como estaremos nas nosas casas fixemos un previo programa co gallo desta celebración onde falamos da radio e o que significa para todos/as nos.

Esperamos que desfrutedes deste programa especial.

Un saúdo dende Radio Baliño.

 

 

Dia da Paz

 

Hoxe dende Radio Baliño ( e cun pouco de atraso por culpa do mal tempo e a chuvia que nos fixo pospoñer a nosa carreira pola paz) traémosvos moitos desexos de paz, e como somos un colexio trilingüe, (que non é pouca cousa) desta vez a profe Natalia axudounos a expresar os nosos mellores desexos de paz en lingua inglesa, por certo aprendemos unha canción super pegadiza P-E-A-C-E....

Entrevista as mulleres da nosa vida IV

Rematamos esta serie de entrevistas escoitando as vivenzas das mulleres do rural e de como eran as súas vidas preto do campo. Dende radio Baliño un forte aplauso e agradecemento as participantes e como non aos audaces entrevistador@s.

Entrevista as nosas mulleres III

E xa imos pola nosa terceira entrevista, nesta ocasión comezamos falando de con que xoguetes xogaban as nenas fai xa uns cantos anos. Se tedes curiosidade dádelle click xa!

 

 

Entrevista as mulleres da nosa vida II

Continuamos con outra nova entrevista as nosas mulleres na que descubriremos datos moi interesantes sobre como eran as vidas das mulleres nas súas infancias fai xa algúns anos, aló polos anos 60.

Entrevista as nosas mulleres I

Aquí vos deixamos coa primeira dunha serie de interesantes  entrevistas realizadas polos nenos de 5º e 6º de primaria as mulleres das súas vidas co gallo de conmemorar o día 25 de novembro, día en contra da violencia de xénero.

Carabuñas

Os alumnos/as de 1º e 2º curso cóntannos unha historia que está entre o medo e unhas boas risas, esperamos que a desfrutedes moito!

Distribuir contido


by Dr. Radut