Blog 6º A

RECUERDOS ... curso 2018-2019

COMUNICACIÓN NA SITUACIÓN DE ALERTA SANITARIA

COMUNICACIÓN NA SITUACIÓN DE ALERTA SANITARIA E INFORME DE ACTIVIDADES NAS DISTINTAS ÁREAS

 Estimadas familias:

 Debido á situación de alarma na que nos atopamos, a atención do alumnado de 6º e a comunicación cas familias será a seguinte:

A comunicación farase a través da plataforma EDIXGAL de forma xeneralizada para todas as materias:

 Matemáticas, lingua galega, lingua castelá, ciencias sociais, ciencias naturais, inglés, francés, relixión/valores:

Centrarémonos en repasar os conceptos aprendidos neste curso, mediante tarefas; desta maneira non perderan hábitos.

 Música:

Na  disciplina de música, neste curso, a carga curricular céntrase máis na interpretación musical (frauta doce e percusión-orff) de xeito presencial e en grupo, aproveitaremos a plataforma EVA-EDIXGAL para propor actividades musicais adaptadas ao seu nivel que sirvan de repaso ao que facemos na aula. Non se esquecerá o aspecto lúdico en toda actividade ou tarefa que se cargue dentro da plataforma.

 Educación física:

A comunicación realizarase a través dos blogs: blogs de centro (https://ceipdemonforte.blogspot.com/) no que se están a colgar vídeos de coreografías sinxelas, retos realizados polo alumnado e do blog de educación física (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/taxonomy/term/138) no que atoparán recomendacións xerais. Tamén utilizarán  a plataforma Edixgal para algunha tarefa.

 Plástica:

Centrarémonos en actividades lúdicas e entretidas, con materiais que se atopen na casa de forma habitual.

Ademais de Edixgal en 6º tamén nos comunicamos por abalar móbil, e por mail, en caso de necesidade.

 A realización das tarefas non será avaliable no 2º trimestre, recomendo realizalas, xa que supón non perder hábitos, entreterse e esforzarse.

 O alumnado que queira corrixir as tarefas pode facelo por Edixgal, ou por mail.

 Un saúdo

Aurelia e Bea

A Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é unha zona que comprende as ribeiras do río Sil e do Miño, na zona sur da provincia de Lugo e norte da provincia de Ourense; a capital da cal acordouse que fose a cidade lucense de Monforte de Lemos.

Características

O nome de Ribeira Sacra probablemente vén da Idade Media, e nun principio pensouse que a denominación procedía do latín Rivoira Sacrata, e que podería ter a súa orixe na gran cantidade de mosteiros e templos que se construíran nos canóns e escarpadas abas típicas da comarca. Actualmente pódense visitar 18 mosteiros, os que cabe destacar:

San Vicente do Pino, actual parador de turismo, en Monforte de Lemos.

Santo Estevo de Ribas de Sil,

Santa María de Pesqueiras

Santa María de Montederramo

San Pedro de Rocas

Santa María de Ferreira de Pantón

San Paio de Diomondi

Santo Estevo de Ribas de Miño

San Paio de Abeleda

 

 

 

 

 

 

 

 

Santa Cristina de Ribas de Sil

 

 

 

 

A Ribeira Sacra é especialmente coñecida polos seus tesouros naturais e biolóxicos, constituíndo un vastísimo ecosistema de gran variedade e riqueza. Son salientables os Canóns do Sil pola súa espectacular paisaxe. Esta é unha zona na que o río discorre encaixonado a través de paisaxes e montañas dunha gran beleza; os canóns dispoñen de miradores habilitados para admirar a súa impactante monumentalidade, así como de un catamarán aberto ao público que transita os canóns dun lado ao outro.

Ribeira Sacra, como denominación de orixe, é tamén coñecida pola calidade dos seus viños, que popularmente se coñecen na zona co nome xenérico de Mencía, debido a que son elaborados principalmente coa uva mencía, aínda que tamén se usa a uva Godello. As viñas, que se poden contemplar seguindo o curso do río, están dispostas nun sistema de chanzos de pedra, chamados socalcos, ao longo da ribeira, e datan da época romana.

Os romanos xa tiñan en grande aprecio estes caldos, que son afroitados e de gran presenza, ideais para tomar con carnes, e hai unha lenda que di que unha das variantes deste viño, o Amandi (procedente da zona do mesmo nome), facíaselle traer ao César desde a Gallaecia romanizada.

 

Monedas

Agudiza tu ingenio

¿Se puede hacer que 20 monedas sumen un euro, poniendo como condición que no sean todas iguales? ¿Hay más de una solución? ¿Cuántas?

 Monedas

5-monedas de 2 céntimos.
12-monedas de 5 céntimos.
3-monedas de 10 céntimos.
--------------------------------------------------

8-monedas de 5 céntimos.
2-monedas de 20 céntimos.
10-monedas de 2céntimos.
--------------------------------------------------

10-monedas de 5 céntimos.
4-monedas de 10 céntimos.
4-monedas de 2 céntimos.
2-monedas de 1 céntimos.
--------------------------------------------------
6-monedas de 10 céntimos.
10-monedas de 2 céntimos.
4-monedas de 5 céntimos.
--------------------------------------------------
1-moneda de 50 céntimos.
15-monedas de 2 céntimos.
4-monedas de 5 céntimos.
--------------------------------------------------
10-momedas de 1céntimos.
5-monedas de 10 céntimos.
1-moneda de 20 céntimos.
4-monedas de 5 céntimos.
--------------------------------------------------
4-monedas de 5 céntimos.
10-monedas de 2 céntimos.
6-monedas de 10 céntimos.
--------------------------------------------------
1-moneda de 50 céntimos.
4-monedas de 5 céntimos.
15-monedas de 2 céntimos.

--------------------------------------------------

10-monedas de 5 céntimos.
4-monedas de 10 céntimos.
4-monedas de 2 céntimos.
2-monedas de 1 céntimos.
--------------------------------------------------
6-monedas de 1 céntimos.
2-monedas de 2 céntimos.
10-monedas de 5 céntimos.
2-monedas de 20 céntimos.
--------------------------------------------------
15-monedas de 2 céntimos.
3-monedas de 20 céntimos.
2-monedas de 5 céntimos.

--------------------------------------------------

Distribuir contido