Voz Natura

Voltamos á actividade despois dun longo parón (Novembro 2020)

 

A pesar de que este é sen dúbida un curso atípico e complicado, non perdemos as gañas e a ilusión! Aquí algunhas das actividades con 6º:

 

                              

           Limpeza da horta quitando herbas con alumnos/as de 6ºA

 

 

                 

               Alumnado de 6ºB, de ruta pola contorna de Monforte.

 

 

                                 

                                              Alumnado de 6ºA preto do Castelo

 

 

                   

                                        O grupo de 6ºA con Monforte ao fondo

                   

Preparamos as xardineiras!!

Seguimos, pouco a pouco, deixando bonitas outras zonas do cole. Neste caso, preparamos as xardineiras quitando herbas, abonando e plantando novas flores para darlle un toque de cor natural ao patio.

 

   

Chegou a primavera... Ou eso parece!

                     

 

Aínda que oficialmente a primavera non chegara, estes días semella que xa estamos nela. Por iso, os nenos e nenas de 6º aproveitaron para quitar todo tipo de malas herbas nalgunhas zonas verdes do cole. Cómo medran!!

Reciclaxe no cole!

         

 

Desde hai unhas semanas comezamos a reciclar papel e cartón no cole. Deste xeito, contribuiremos un pouquiño máis a reutilizar recursos e reducir a tala de árbores. 

Recordade que no cubo azul so podemos botar papel, cartón, periódicos ou revistas!

Video de VozNatura 2018-2019

Preme na palabra video e poderalo ver.

Mini Atlas Xeobotánico de Galicia

Extraordinaria ferramenta online para coñecer a natureza de Galicia. Aquí atoparás información sobre o relevo, os vexetais (árbores, matos, plantas, fentos e brións), hábitats ... Preme na imaxe

Por si fora do voso interese aquí tedes a ligazón a tres interesantes recursos:

  1. Recurso en español e inglés da Universidade de Illinois
  2. Xogos sobre biodiversidade.
  3. Plantilla web con interesantes ligazóns, clasificadas por ciclos, sobre plantas.

22 de Abril, Día da Terra

A proclamación do 22 de abril como Día Internacional da Nai Terra supón o recoñecemento de que a Terra e os seus ecosistemas nos proporcionan a vida e o sustento ao longo da nosa existencia. Tamén supon recoñecer a responsabilidade que nos corresponde, como se recolle na Declaración de Río de 1992, de promover a armonía coa natureza e a Terra a fin de acadar un xusto equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientais das xeracións presentes e futuras.

Distribuir contido