Voz Natura
PROXECTO VOZ NATURA CURSO 2009-10
"La Voz de Galicia" na súa edición do sábado, 12 de decembro fai un pequeno resumo do que foi o Proxecto do curso pasado e do que faremos neste.
Se queres ler máis clica sobre o enlace.
FESTA FIN DE CURSO PROXECTO VOZ NATURA
FESTA FIN DE CURSO EN CULLEREDO, SÁBADO 6 DE XUÑO
Se queredes máis información sobre esta festa, na que participamos todos os centros Voz Natura, clica sobre o enlace.
Viaxe a Culleredo:
SAÍDA: dende a porta lateral do centro, ás 9:30 h. da mañá
Regreso: Saída de Culleredo, arredor das 19:30 h.

REMATANDO O PROXECTO VOZ NATURA
VOZ NATURA
Hoxe, plantamos os xeranios que coidamos ao longo de todo o inverno,así como os esquexes e as sementes que trouxeron as profes. Todos os alumnos e alumnas do centro participamos nesta actividade, esperando ter aprendida a lección: debemos coidar e respectar o noso contorno: as nosas accións son importantes e sempre repercuten positiva ou negativamente no medio, e que a partires de agora o noso xardín sexa cada día máis fermoso.
Se queredes ollar o que fixemos, clica sobre o enlace. Nós, cremos que mereceu a pena.
Aínda quedan moitas fotos por colgar.
PROXECTO VOZ NATURA: Venres, 13 de marzo
RECUPERANDO O NOSO CONTORNO
O pasado venres, 13 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 4º de Primaria traballaron a terra do espazo onde ímos plantar arbustos e flores.
Foi unha mañá divertida, pero tamén dura. Unha alumna exclamaba: agora entendo ao meu pai¡

Se queredes ollar máis fotos clicade sobre o enlace ou íde á galería de imaxes.
