Complementarias

4 DE FEBREIRO, XOVES DE COMPADRES

Hoxe, 4 de febreiro, celebramos o xoves de compadres. É o primeiro sinal da proximidade do Entroido.

Se queres coñecer os nosos compadres, clica sobre o enlace:

"Na procura da indulxencia plenaria"

"Bart fai o camiño", 2º premio

"Probando o TDT"- ANPA "As Lagoas", Accésit

En Educación Infantil tamén fixeron un compadre, que queimaron con moita ledicia.

 

FESTIVAL DE NADAL

Clica sobre o enlace para coñecer o Programa do Festival de Nadal.

Galería de imaxes

  

 

 

 

 

NADAL 2009

Unha vez  máis  estamos a preparar o Belén, na entrada do Centro. Neste curso, gustaríanos contar coa participación e colaboración de toda a Comunidade Educativa.

Necesitamos unha foto tamaño carné, de cada neno ou nena,  para escaneala e "personalizar" o boneco.Tamén é posible debuxar a cara nun folio, recortala e pegala sobre o boneco ou boneca.  Despois, as familias  colaborarán ... vestindo os bonecos e bonecas de cartón que levará o alumnado ás súas casas.

 

25 de novembro- Contra a Violencia de Xénero

As alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria participaron un ano máis nas actividades organizadas polo Concello contra a violencia de xénero.

Clica sobre o

.

MAGOSTO-2009

MAGOSTO 2009

O pasado venres, 30 de outubro, celebramos o tradicional Magosto. Fixemos un xantar de convivencia no que participou  todo o alumnado do centro; pola tarde,  os xogos, os zumes e as  castañas... foron os protagonistas. .

MARATÓN DO ESTUDANTE

XVIII MARATÓN DO ESTUDANTE

O venres, día 29 de maio, participamos na XVIII Maratón do estudante. Unha carreira que se celebra todos os anos e na que participamos practicamente a totalidade de alumnos e alumnas do centro.

Este ano, coincidiron varias excursións: 1º ciclo de Primaria estaba de viaxe a Vigo, visitando o zoo; 6º de primaria estaba de viaxe de fin de curso.

Se queredes ollar algunhas fotos...clicade sobre o enlace.

VISITA Á BIBLIOTECA DO "IES RÍO CABE"

Visitando a Biblioteca do "IES RÍO CABE"

Hoxe, 2 de abril, o alumnado de 5º de Educación infantil participou no IES Río Cabe nunha actividade na biblioteca. Atopamos un mundo cheo de soños dentro daqueles contos que vimos e que nos contaron. Tamén houbo algúns  alumnos que quixeron  contar os seus contos , e o fixeron moi ben. O noso agradecemento a encargada da Biblioteca por invitarnos a visitala.

Se queredes ollar as imaxes clicade sobre o enlace.

CONCURSO DE DEBUXOS FEIRA MEDIEVAL

CONCURSO DE DEBUXOS FEIRA MEDIEVAL

Hoxe, 2 de abril, ás 18 h., na Casa da Cultura entrega de premios:

Gañadores:

1º curso: Aníbal López

4º curso: Carlos Diéguez

5º curso : Adrián Cortiñas

Premio Especial: Leidy J. Aldana

Clicade sobre o enlace para ir á galería de imaxes e ollar as fotos.

Finalistas:

1º ciclo:

Jorge  Soto, Sandra Rodríguez, Luis Pérez, Isabel García

Diego Cortiñas, Daniel Álvarez, Miriam, Celia Ortego, Carmen López

2º ciclo:

Raquel Vázquez, Aída Rodríguez, Sandra Rodríguez, Ainara Rodríguez, Eva Rodríguez

Mª Fernanda Aguilera, Anxela Jorge, Andrea Pérez, Cristina Álvarez

3º ciclo:

Sophie O´Brien, Antía Verao, Mª Mercedes da Rocha, Ana Verao

Alejandro Mateos- Carnal, Juan Aceiro, Uxía López, Pablo Rubio, Lorena Neira

 

Noraboa a todos/as os/as participantes e ao profesorado pola gran  calidade dos traballos presentados.En breve, colgarémolos nos blogs das distintas aulas.

Todos os traballos presentados, premiados ou non,  están expostos na Casa da Cultura.

 

Unha clase na praza de abastos

Educación Infantil visita a praza de abastos

 

Todo o alumnado de Educación Infantil e o seu profesorado visitaron o pasado venres, día 13 a praza de abastos, aproveitando que estaban a traballar nunha unidade didáctica relacionada co mercado. 

Clicade sobre o título para acceder á galería de fotos.

 

 

XOVES DE COMADRES

XOVES DE COMADRES

Novamente, noraboa a toda a comunidade educativa pola súa implicación e bo facer na preparación das comadres que hoxe nos permeteron participar amplamente no Concurso do Concelllo.

"Hello Kitty", dos alumnos/as de sexto de Primaria. 1º premio.

"Escola de xardinería: Voz Natura", da ANPA do colexio, 1º premio.

"Dona Crise", en representación do Centro, 2º premio.

Cumpre dicir que houbo moitas máis comadres que non levaron ningún premio, pero que merecen estar eiquí con todas as demais polo agarimo e ledicia coa que foron preparadas:

"O circo", dos alumnos de 5º de Primaria.

"As flores do noso xardín", feito como recoñecemento ao traballo, apoio e colaboración que nos prestan dende a ANPA.

"Iñas, iñas... pombiñas", feita polos profes do cole como resposta ao compadre que "tiveron que sufrir" o xoves pasado.

O enlace a todas as  fotos...

 

 

Distribuir contido