Complementarias

X PREMIOS MURALLA DE LUGO

X PREMIOS MURALLA DE LUGO

 

 Ánxela Jorge Vidal competiu con máis de 3700 nenos e nenas de toda Galicia; ácadou o 1º premio en redacción cunha fermosa historia na que unha tarde soleada do mes de outubro convírtese en toda unha aventura tras atopar ao  trasno coidador da muralla.

Cincocentos euros e unha viaxe a París serán o seu premio. Noraboa, Ánxela¡

Non vos perdades a lectura da súa redacción e  clicade sobre o enlace.

Se queredes ler a noticia, clicade sobre este  enlace.

CORRELINGUA 2010: " NÓS... MOVEMOS O GALEGO"

"NÓS... MOVEMOS O GALEGO" é  o lema que os/as alumnos e alumnas de 5º de Educación primaria levaron ao Correlingua 2010: unha actividade que se realiza todos os anos a prol do idioma e da cultura galega. 

 

 

23 DE ABRIL: DÍA DEL LIBRO

El próximo 23 de abril celebraremos el DÍA DEL LIBRO, una fecha muy especial en  la lengua y literatura española.  

EXCURSIÓN ÁS MÉDULAS/ SAÍDA POLA LOCALIDADE

Os/as alumnos e alumnas de 3º A, 5º A e 5º B foron  de excursión Ás Médulas, o pasado día 14 de abril. A saída foi dende a estación do tren, ás 9:30 h.

Os alumnos e alumnas de 3º B fixeron, dentro do horario lectivo, unha saída polo centro de Monforte.

ANIMACIÓN Á LECTURA NA BIBLIOTECA DO IES RIO CABE

O pasado xoves, 25 de marzo os alumnos e alumnas de 1º e os de Atención Educativa de 6º de Educ. Infantil participaron nunha actividade de animación á lectura, organizada pola biblioteca do IES Río Cabe, co gallo de celebrar o Día do Libro Infantil.Houbo exposición de libros e unha actividade sorpresa coa que disfrutaron moito todos os pequenos.  Se queredes ollar as fotos da actividade ide  á Galería de imaxes ou clicade sobre o enlace.

Se queres ollar o blog da biblioteca do IES Río Cabe, clica sobre o enlace.

ITINERARIO DA IGUALDADE

8 de marzo: Día Internacional da muller traballadora

O alumnado de sexto de Educación Primaria realizou o Itinerario da Igualdade, guiado por D. Felipe Aira, percorrendo polas rúas de Monforte os lugares, recursos e espazos máis significativos da vila, nos que as mulleres tiveron un papel importante ao longo da nosa historia.

Se queres ver o vídeo da visita vai á Galería de imaxes, na sección de vídeos ou clica sobre o enlace.

EXCURSIÓN A OURENSE

Viaxe a Ourense: Central de Velle e concerto didáctico en inglés.

O alumnado de sexto de Educación Primaria foron a Ourense o pasado día 10. Visitaron a central de Velle, aproveitando que en Coñecemento do Medio traballaron o tema da electricidade, y participaron moi activamente no concerto didáctico que Dani Griffin ofreceu en Ourense.

Pasámolo en grande¡

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2010

ENTROIDO 2010

Na galería de imaxes hai un álbum adicado á festa do Entroido. Clica sobre o enlace se queres ir directamente á páxina. 

 

 

Distribuir contido