Skip to Content

Proxectos

Bibliocolaboradores artesáns

Semana Artesanal

Durante semana, semana dedicada a artesanía porque este sábado, 19 de marzo, día de San Xosé, patrón dos artesáns, grupos de bibliocolaboradores baixaron no recreo a biblioteca a realizar un par de actividades artesanais, unha relacionada coa madeira e os carpinteiros e outra cos oleiros.

 

Este foi o resultado.

  

 

As pezas realizadas están expostas na biblioteca coa finalidade de amosar creacións artesanais moi sinxelas, ao alcance de todos, realizadas polos seus compañeiros bibliocolaboradores  e fomentar a experimentación, o enxeño e creación artesanal de todo o alumnado.

FERRAMENTAS DE ARTESANOS

Presentamos o libro-vocabulario, Ferramentas de Artesanos, coordinado pola profesora de AL, Beatriz G., e realizado polo noso alumnado en colaboración co profesorado e familias.

Canto e que ben traballarón!

Felicidades!

Grazas.

Artesáns no Portal

PREPARANDO UN BELÉN DE ARTESÁNS E INCLUSIVO

  • RECURSOS
    • ARTESÁNS EN LSE E PICTOGRAMAS

 

Xogos do Magosto

RECURSOS MANIPULATIVOS

Como complemeto aos proxectos de: "Froitas e Hortalizas, "A cociña" e "Xacobeo - Camiño de Santiago" o equipo de biblioteca elaboramos unha serie de recursos manipulativos.

 

PLANTAMOS CABAZAS PEREGRINAS - CAMIÑO DE SANTIAGO

Dentro das actividades relacionadas co Proxecto de Centro "O Camiño de Santiago"

Este mércores, 2 de maio, un grupo de alumnos de 3 anos de infantil saímos ao patio a prantar no xardín unhas cabazas de peregrino, cabaciñas que coñecemos traballado na aula  o vocabulario xacobeo.

 

Acompañan as cabaciñas, previamente plantadas en dúas botas, un bordón (bastón), unha cuncha de vieira e unha cabaza de papel.

Agardamos con ilusión velas medrar e ter unha boa produción para poder compartir con todos e poder colgar do bordón unha cabaza auténtica.

 

VOCABULARIO XACOBEO

 

Durante a semana do 10 ao 14 de maio alumnado de 2º, 3º e participou na elaboración dun Vocabulario relacionado co Camiño de Santiago e o Xacobeounha homenaxe ás Nosas Letras e ao Ano Santo Compostelano. 

Buscamos no dicionario e en internet o significado das palabras, copiamos as definicións no formulario e ilustramos e coloreamos.

Mirade que ben nos quedou.

 

 

O alumnado de 5º e 6º tamén traballou sobre este tema empregando o ordenador persoal para buscar a información e posteriormente elaborar unha presentación en LibreOffice Impress. Ademais unha alumna de 5ºB, Estefanía, colabora cos máis pequenos elaborando a portada.

Bo Camiño!

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE (7 abril 2021)

A Organización das Nacións Unidas (ONU) considerou necesario crear un organismo que se dedicase a promocionar o coidado da saúde en todo o mundo. O 7 de abril de 1948 nacía a Organización Mundial da Saúde, polo que se fixou este día para celebrar o Día Mundial da Saúde.

Día que nos convida a lembrar a importancia dos hábitos saudables.

Este ano, desde a biblioteca, en consonancia co proxecto das froitas e hortalizas, optamos por lembrar a importancia dunha alimentación saudable. Por iso propuxemos as familias que nos enviasen receitas con froitas e verduras para elaborar un libro de receitas saudables.

Grazas a súa excelente colaboración, aquí tedes o resultado (fai clic na imaxe para abrir o pdf:

 

 

 

A Organización Mundial da Saúde recordanos que unha forma moi importante de coidar o noso corpo é a través da alimentación. Desde a súa aparición propúxonos diferentes métodos para elaborar unha dieta saudable. Comezóu coa Piramide Nutricional, a Roda dos alimentos e na actualidade, proponos ter enconta o método do Prato Saudable.

  •  Piramide Nutricional

  •  Roda dos alimentos 

  •  Prato de Harvard 

 

Seguindo as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, hoxe día 7 de abril, poedemos pintar o noso prato saudable preferido (fai clic na imaxe para abrir o pdf).

 

 

 FELIZ DÍA!

 

DÍA DA POESÍA: Poema encadeado

 

O Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo dende que a UNESCO proclamou esta data en 1999. Os obxectivos son fomentar o retorno á tradición oral e aos recitais, así como promover o ensino da poesía e a diversidade lingüística a través da expresión poética.

Este curso decidimos escribir, ilustrar e recitar entre todos un poema encadeado

Comeza a cadea o 1 de marzo en 3 anos e vai avanzando ordenadamente ata chegar a 6ºB o venres día 19.

Ao coincidir en domingo trasladase ao luns a lectura de todo o poema, polo alumnado de 5º, e a presentación do vídeo, elaborado co texto e a audición aportados por todos os grupos.

 

Este foi o resultado

 

Parabéns a todos polo excelente trabalo realizado

 

LEO ETIQUETAS

 

Caderno de comprensión lectora centrado na lectura de etiquetas alimentarias.

 

Para abrir fai clic na imaxe

 

Distribuir contido


by Dr. Radut