Descubrimos o cole

Ola ola!

Fai unhas semanas comezamos co proxecto do cole. A profe ensinounos a caixa sorpresa e dela quitamos unhas pezas dun quebracabezas. Entre todos démoslle xeito e vimos a imaxe que salía nel, O COLE! Iso por diante e por detrás o seu nome.

Este sería o proxecto deste trimestre, e durante este tempo fomos traballando diferentes cousiñas: a aula, os recunchos dela, as nosas profes e o noso profe, o patio,...

 

 

Esta semana tocounos coñecer as diferentes estancias do cole:

- A conserxería e o conserxe Alejandro, o cal nos explicou en qué consistía o seu traballo.

- O despacho do equipo directivo, onde a directora, a xefa de estudos e a secretaria nos contaron que teñen que facer para que o colexio funcione ben.

- A sala de mestres e mestras, onde os profes que estaban alí e a profe nos explicaron que fan cando están alí, que poñen os papeles que hai no taboleiro e porqué están alí.

- A aula de música, a cociña, o comedor, a radio, as aulas dos nenos e nenas de primaria,...

Gustounos moito coñecer o cole e ver como traballaban os compañeiros nas súas aulas!

 

 

 

 

Tamén fomos ata a biblioteca este venres para contar alí o conto do día. Primeiro coñecemos un pouquiño como funciona a biblioteca e como se organiza e logo subimos ao escenario e sentamos nuns asentos ben chulos para que a profe nos contase o conto. E... coñecemos á mascota da biblioteca que é BIBLIOFORTE!

 

 

Seguimos a voltas coas nosas nubes e estes días estivemos preparando un discos de algodón, os cales pintamos con auga mesturada con témperas. Van quedarnos unhas nubes..ESPECTACULARES, xa veredes!

 

Escoitamos esta canción de nubes que nos gusta moito!


Estamos rematando de traballar o outono e fixemos algunhas cousiñas...

Unha árbore con follas das cores do outono pintadas con rollo de papel hixiénico.

 

Tamén un ourizo ao cal lle fixemos os pinchos cun garfo e témpera.

 

 

Ata pronto!

A CLASE DAS NUBES