Arrancamos de novo!

Ola de novo! 

Temos moitas novas que contar e ensinar!

Ao comezar o curso gustounos moito a idea de ter un nome para a nosa clase. Cada un fixo a súa proposta, votamos a que nos gustaba mais e o nome da nosa clase é.... A AULA DAS NUBES!!

Unha vez elexido o nome puxémonos mans á obra para decorar a clase con nubes e niso andamos...

 

Tamén fomos botarlle unha ollada á horta, para observar o que plantamos na primavera e os seus froitos. Na folla dun tomate descubrimos un pequeno caracol que estaba escondido dentro da súa casiña, cantámoslle unha canción para que sacase os cornos ao sol e...SORPRESA!


Este curso tivemos unha gran noticia, XA PODEMOS XOGAR NO AREEIRO!! Estamos contentísimos!

 

Tamén fixemos na aula unha manualidade ben chula para logo levar ao patio. Con papel de celofán de cores observamos como si lle da o sol aos papeliños estes reflexan as súas cores no chan e tamén miramos a través deles. 

 

O pasado 18 de outubro celebrouse o Día das Escritoras e nós falamos na aula dunha escritora case veciña nosa, Olga Novo. Logo fixemos entre todos os compis de infantil este bonito collage, empregando papeles de cores de diferentes texturas.

 

E aproveitamos para ensinárvos que nos gusta moito mirar contos na clase.

 

Ata pronto!

As nubes