¡Niinoo, niinoo!

O mércores tivemos un simulacro de incendio no cole. Nós estábamos merendando cando houbo que saír para o patio. Unha vez alí comezaron a chegar os camións dos bombeiros, pero a profe xa nos explicara o que pasaba entón non tiñamos medo... bueno algún que outro si!

Fomos ata xunto os camións e vimos aos bombeiros subidos no alto da escaleira, estaban botando auga coa mangueira no tellado do cole. Despois ensináronnos que tamén empregan escuma nos incendios e ata puidemos xogar un pouquiño con ela. Gustounos moito!

 

Esta semana tamén foi de experimentos, collemos unhas mandarinas e un recipiente con auga para comprobar cal flotaba, se a que tiña pel ou a que pelamos. O experimento non nos resultou, entón miramos un video en internet para comprobar cal era o resultado. Logo si que comprobamos que a pel soa si que flota e as mandarinas non, ese foi o noso verdadeiro experimento!

 

 

Tamén tivemos un regaliño sorpresa!!! Un gorro e un delantal de chef, os cales estamos decorando libremente para empregar para algo especial os vindeiros días... Xa vos contaremos!

 

 

Para rematar aquí vos deixamos o conto de "Titiritesa", o cal nos veu contar esta semana a mamá de Leira. Esperamos que vos guste!!

Pinchade na foto para escoitalo.

 

 

Ata pronto!