O mundo das abellas!

Como xa vos contamos estivemos a traballar un mundo moi interesante estes días, o MUNDO DAS ABELLAS.


Investigamos un pouquiño sobre elas e coñecemos moitas cousas empregando un libro que está moi chulo! Logo decidimos merendar unhas tostadas con mel, para así probar este alimento tan rico que nos ofrecen estes animais tan traballadores. A verdade é que está ben rico e relambemos ata os dedos!

 

Tamén tivemos a visita dunhas apicultoras moi especiais, a mestra Elvira e a nosa compañeira Lucía de 5 anos. Elas explicáronnos cousiñas que non coñecíamos do traballo dos apicultores e ensináronnos como son os traxes que hai que empregar e porqué son así.

 Ademais, Lucía foi á radio do cole e fixéronlle unha entrevista. Se queredes escoitala, pinchade na foto. 

 

 

E xa para rematar quixemos levar unha bonita abella para a casa como recordo. 

 

Ata pronto!