blogue demontse

Dia da Familia

Celebramos con moita ilusión e alegría  o Día da Familia. Fixemos, con agarimo, un agasallo para levar para casa. FELICIDADES FAMILIA.

 

 

As emocións

As emocións están presentes  a diario, por esta razón parecéunos importante participar no proxecto "O reino das emocións" da Fundación Meniños. Expresándoas, explicando os motivos das nosas actitudes... E tamén a través da actividade do "Paseo da fama" expresar as nosas preferencias, o que nos gusta e compartilo cos demais.

 

As emocións

Estámos participando con diferentes actividades, nun proxecto sobre as emocións da Fundación Meniños "O reino das emocións". Deixámosvos aqui fotos de algunhas das actividades

 

Como nos sentimos hoxe e por que?

 

O paseo da fama, todos somos importantes e gústanos compartir as nosas preferencias, o que nos gusta.

 

Sementamos e plantamos

Hai unhas semanas sementamos pementos e flores. Esperamos a que naceran e medraran nos morteiros, e esta semana plantámolas plantas na horta coa axuda do profe Diego, foi unha experiencia moi agradable 

  

O Camiño de Santiago

A biblioteca do centro é un recurso moi importante para nós. Nesta ocasión participamos nunha actividade organizada dende a biblioteca. Lemos o conto "Bo camiño Valentiño" e fixemos un debuxo que formou parte da exposición de traballos de todas as aulas do colexio

Psicomotricidade

Co bo tempo animámonos a facer as  sesións de psicomotricidade no patio exterior. Estase de maravilla!!!

A primavera

Estamos na estación do ano que mais nos gusta, a primavera.  Ahora hai moitos cambios no clima, no xardín, na roupa que nos poñemos... Fixemos uns debuxos que nos quedaron moi bonitos e tamen xogamos co  vocabulario, o conteo e a localizar elementos na lámina da " Mestra de infantil"

 

 

      

 

 

Viaxando polo espazo

Biblioteca

Día da muller

O pasado 8 de Marzo no noso cole  celebráronse moitas actividades. Pola nosa aula pasou a contacontos Manuela Varela, con ela pasamos un momento estupendo. Aqui van algunhas das actividades que fixemos despois de escoitar o conto

 

 

 

Distribuir contido