Skip to Content

erasmus Turquía

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e coñece o funcionamento da Deputación da man do vicepresidente segundo, César Fernández

Ourense, 6 de maio de 2024.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide. Na recepción, César Fernández explicoulles o funcionamento da institución provincial e o papel tan importante que exerce de cooperación cos concellos ourensáns.

O vicepresidente segundo da Deputación, que lles desexou unha "gran experiencia" en Ourense, tamén lles aclarou que no Salón de Plenos "nos reunimos unha vez ao mes todos os grupos políticos para deliberar sobre asuntos que son de interese para a provincia".

Na visita participaron máis de medio cento de alumnos e alumnas do Mestre Vide, xunto aos cinco alumnos do programa Erasmus procedentes de Esmirna (Turquía). Estiveron acompañados por dez profesores -cinco do programa Erasmus- encabezados polo director do centro, Juan Regal.



page | by Dr. Radut