Skip to Content

AXUDAS LIBROS CONCELLO DE OURENSE

blob:https://bop.depourense.es/8d070c19-6dc9-403f-914e-ff3a383df1c0

ASUNTOS SOCIAIS ACORDO DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE AXUDAS EN ESPECIE PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARA COMEDORES ESCOLARES, CURSO 2024/2025 Extracto do acordo da convocatoria pública de axudas en especie para adquisición de libros de texto e material escolar e para comedores escolares, curso 2024/2025 (exp. 2024003279) De conformidade co que establecen os arts. 17.3.b. e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index): Primeiro. Beneficiarios • Son destinatarios desta convocatoria, nos termos do art. 5 das bases reguladoras, unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros: • Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia. • Non superar os 4.000 € de renda per cápita anual para as axudas de libros e material escolar e os 3.700 € para as axudas de comedores escolares. • Compútase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (enténdese por familia monoparental a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con quen convive o/a neno/a, e que sexa a única sustentadora da familia). 

 

 Dende a Concellería de Benestar Social, informámoslles que xa teñen a súa disposición, a publicación do Acordo da convocatoria pública de axudas en especie para a adquisición de libros de texto e material escolar e para comedores escolares, curso 2024-25, tanto no Boletín Oficial da Provincia nº 77, venres 19 de abril de 2024 como no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense (ourense.gal } sede electrónica } taboleiro de anuncios).
O prazo para presentar as solicitudes xunto coa documentación pertinente, comeza o vindeiro luns día 22 de abril de 2024 e remata o 13 de maio de 2024 (incluído).
Poderán presentala:
    1. Pola sede electrónica do Concello de Ourense
    2. Oficina de rexistro ubicada en Praza Maior nº 1 e no barrio da Ponte (Avda das Caldas nº 28)
Para calquer dúbida poderán poñerse en contacto con nós telefonicamente o número 988 686 437, ou de maneira presencial no Negociado de Servizos Sociais (Rúa Primaveira nº 1) en horario de maña de 09:00 a 14:00



page | by Dr. Radut