Skip to Content

INAGURACIÓN OBRAS MESTRE VIDE

XUNTA DE GALICIA

A Xunta inviste 300.000 euros en obras de mellora no CEIP Mestre Vide


A Xunta inviste 300.000 euros en obras de mellora no CEIP Mestre Vide

Ourense, 21 de xuño de 2022O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao CEIP Mestre Vide para supervisar o remate das obras desenvolvidas nos baños, a execución de novas instalacións de fontanería e iluminación no centro e a renovación do Salón de Actos, nas que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu 300.000 euros.O delegado territorial tras amosar o seu agradecemento a toda comunidade educativa pola normalidade coa que se desenvolveu o curso escolar, a piques de rematar, e trasladarlle os mellores desexos para o novo ano académico que principiará en setembro, subliñou que “deste xeito a Xunta de Galicia cumpre cos desexos das familias dos nenos escolarizados, pois estamos a dotar –engadiu o delegado territorial– a este centro escolar de melloras permanentes que conflúen na calidade da ensinanza dos alumnos e alumnas do concello”. Así –continuou Gabriel Alén– ademais deste tipo de intervencións, durante a época estival levaranse obras de reforma integral e de eficiencia enerxética dos centros para poñelos a punto de cara ao vindeiro curso.Gabriel Alén explicou que todas as novas intervencións que promove a Xunta en infraestruturas escolares apostan por un modelo de centros “ao servizo da aprendizaxe e da convivencia, con espazos accesibles, saudables e cómodos nos que o alumnado poida estudar, socializar, xogar, facer deporte...”, en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia.Por iso, as novas construcións e reformas –reiterou o representante do Goberno galego– deben de ser espazos adaptados ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas. Isto é, “que reforcemos un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid onde a arquitectura teña unha orientación educativa, con espazos flexibles, adaptados a todas as circunstancias, ben equipados e que resulten cómodos” manifestou.
ActuaciónsAs obras consistiron na renovación total dos tódolos baños existentes no centro. Para elo tiráronse os tabiques divisorios entre inodoros, o alicatado existente e os sanitarios de todos os baños. Trala demolición fixéronse novas división en taboleiro fenólico, colócanse novos sanitarios, tanto para nenos de infantís como de primaria. Colocando novos lavabos en aceiro inoxidable sobre taboleiro fenólico. Tamén se cambiou todo o saneamento existente, xa que, o mesmo tanto a recollida xeral coma nos propios baños estaba a dar problemas. Así mesmo, colocouse unha nova instalación de fontanería dende o cadro de contadores a totalidade do centro; a anterior estaba en ferro con moitos problemas de roturas. A continuación procedeuse a retirada das luminarias existentes para colocación de nova iluminación en todo o centro de paneis led de 60x60 empetadas no falso teito. As mesmas luminarias colocáronse estancas nos baños e comedor.
Por último, no Salón de Actos procedeuse á renovación de escenario, sistema de audio, acoitelado e vernizado do pavimento, a carpintería con dobre cristal planiterm e perfís de aluminio anodizado con rotura da ponte térmica e a colocación de falso teito desmontable acústico de 60x60 cm. con nova iluminación en paneis led de 60x60 cm.Plan de nova Arquitectura Pedagóxica (Compra de mobiliario)O delegado territorial resaltou a resolución do Consello da Xunta do pasado 8 de abril pola que se deu luz verde á licitación dun expediente por case 5 M? para a adquisición de máis de 42.500 unidades de mobiliario conforme o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas, e que supón un investimento de 191 M? nesta lexislatura.As guerreiras laranxa son humanas y los gallegos mandan en Motocross | Onda  Cero Radio


page | by Dr. Radut