Skip to Content

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO CONCELLO DE OURENSE-INFANTIL-

 Réxime Interior Extracto do acordo da convocatoria pública de axudas en especie para a adquisición de libros de texto e material escolar e para comedores escolares, curso 2021/2022 (EXP. 2021003886) BDNS (Identif.):554063 De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/554063) Primeiro. Beneficiarios Son destinatarios desta convocatoria, nos termos do artigo 4 das bases xerais reguladoras, as unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no concello de Ourense que, na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros: Que estean empadroados no concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia. Que non superen os 3.500€ de renda per cápita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (enténdese por familia monoparental a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con que convive o/a neno/a, e que sexa a única sustentadora da familia). Segundo. Obxecto Constitúe o obxecto da presente convocatoria de subvencións a concesión de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar e para comedor escolar, destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo do concello de Ourense que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados do concello de Ourense, nos que non se segregue aos alumnos/as por sexo. Terceiro. Bases reguladoras As bases reguladoras estarán a disposición dos interesados na páxina web do Concello de Ourense www.ourense.gal e no BOP núm. 118, do 25 de maio de 2019. Cuarto. Contía A concesión das subvencións desta convocatoria será atendida: Para axudas de libros de texto e material escolar, ata un importe máximo de vinte e cinco mil euros (25.000 €) con cargo á aplicación partida 140.2311.22690 do orzamento municipal vixente. Para axudas para comedores escolares ata un importe máximo de oitenta mil setecentos setenta e cinco euros (80.775 €) para o exercicio 2021 con cargo á aplicación partida 140.2313.22642 do orzamento municipal vixente. Para axudas para comedores escolares ata un importe máximo de cento oitenta e oito mil catrocentos setenta e cinco euros (188.475 €) para o exercicio 2022, con cargo á aplicación partida 140.2313.22642 do orzamento municipal vixente “ exercicios futuros”. Quinto. Prazo de presentación de solicitudes As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ourense ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, del 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días hábiles contado a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, achegando a documentación requirida nas bases reguladoras (BOP núm. 118, 6 B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 8 1 · L u n s , 1 2 a b r i l 2 0 2 1 do 25 de maio de 2019). Os impresos de solicitude de subvención estarán dispoñibles na páxina web municipal www.ourense.gal. A documentación para presentar coa solicitude será a determinada nas bases reguladoras. Ourense, 18 de marzo de 2021. O alcalde. Asdo.: Gonzalo Pérez Jácom

 

https://bop.depourense.es/portal/



page | by Dr. Radut