Skip to Content

NOTA

Información sobre o fin de curso 2019-2020

Ante as numerosas notas de prensa publicadas nos distintos medios de comunicación sobre como se vai desenvolver o final de curso 2019/2020, temos que informar do seguinte:

1. Todas elas son iso, informacións de prensa. Aos equipos directivos dos centros non nos chegou ningunha comunicación oficial

2. Estas notas de prensa están referidas a reunión que se mantivo hoxe entre a Ministra de Educación do Goberno de España coas Conselleiras/os de Educación das distintas Autonomías, onde, según estas informacións, déronse liñas xerais de actuación.

3. A nosa Conselleira de Educación ten programada para mañá, xoves 16/04, unha reunión coa Xunta Autonómica de Directoras/es, onde, en teoría, trasladaralles as decisións tomadas na reunión de hoxe e de cómo a Consellería de Educación ten previsto implementalas en todos os centros educativos da nosa Autonomía.

4. E, por fin, o venres día 17/04, haberá unha Xunta de Goberno do Consello da Xunta de Galicia, onde a Conselleira porá en común todos estes acordos co conxunto do Goberno de Galicia e, en teoría, dictarán instruccións claras para todos os equipos directivos dos centros educativos.

De producirse algunha outra novidade.... Informaremos tan pronto como teñamos algunha notificación oficial. 

Moito ánimo. 

 

 



page | by Dr. Radut