Skip to Content

Cajaraville, Héctor no MESTRE VIDE

Cajaraville, Héctor

Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario. En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, «De remate», e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con «Quen dá a quenda?» (Xerais, 2016). Nese mesmo ano, a súa obra «A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas)» (Xerais, 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con «Once portas» (Xerais, 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con «Denébola a Roxa». Coa súa novela «Kusuma» (Xerais, 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. É autor, ademais, das novelas «O segredo da casa de Formoso» (2017) e «Nova Nursia» (Xerais, 2018), así como da biografía «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», publicada na colección Merlín (Xerais, 2019). Noutras facetas, traduciu ao galego a novela «O gardián invisible», de Dolores Redondo, participou na redacción do «Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato» (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía e linguaxe xornalística.

KUSUMA



page | by Dr. Radut