Skip to Content

ENCONTROS CO AUTOR

http://www.educacionourense.com/Educacion/actividad/1909/ENCONTROS_CO_AU...

Misa, Iria (enviar correo) Iria Misa Peralba (Gondomar, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. Como narradora publicou na colección Fóra de Xogo as novelas "Xa non estou aquí" (Xerais, 2016), Premio Jules de Verne de Literatura Xuvenil 2016, "Segredos no Solpor" (Xerais, 2018) e "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" (Xerais, Sopa de Libros 2018), finalista do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Foto Misa, Iria Mamá, quero ser Ziggy Stardust Iria Misa (Autor/a) Alba Barreiro (Ilustrador/a) INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>De 10 anos en diante 3ª Edición - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro infantil, 2018 Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un músico marciano que podía ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas



page | by Dr. Radut