Skip to Content

PROGRAMA ATRÉVETE/6º B

Logo_atreveteEste programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria, e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.

O curso 6ºB fixo, o pasado venres, a primeira actividade do programa, a visita do CIFP A Farixa. Os nenos e as nenas estan moi agradecidos polo recibimento, polo trato, polas charlas, xogos, agasallos... Moitas grazas por todo.



page | by Dr. Radut