Skip to Content

"Mannequin Challengue" realizado polo alumnado da aula de altas capacidades

Dende a aula de altas capacidades queriamos rematar este ano 2016 con humor e bo sabor de boca. Que mellor maneira para facelo que cun famoso "Mannequin Challengue".

Esta actividade supuxo a realización dun traballo en grupo por parte de todo o alumnado. Elaboraron sinxelos Storyboards das secuencias e tiveron que escoller, de xeito democrático, as mellores posicións e aprender a coordinarse. Por outra banda, o traballo da edición do vídeo foi realizado integramente por un membro da aula. Isto permitiulles entender mellor as necesidades e demandas existentes na creación de material audiovisual.

Esperamos que vos resulte entretido.

 

 

 



page | by Dr. Radut