Skip to Content

Anteriores

UNIÓN DEPORTIVA OURENSE NO MESTRE VIDE

20/04/2016 14:26
Atlantic/Bermuda

.MESTRE VIDE CON LA VUELTA 2016 Y DAVID ABAD

DÍA DO LIBRO 2016

DIA DO LIBRO 2015

MELLORAS NO MESTRE VIDE

Deputación de Ourense e Xunta investirán máis de 600.000 € en obras de mellora en 36 centros educativos da provincia

 

  • Manuel Baltar e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asinaron hoxe no colexio público de Rairiz de Veiga o convenio que coordinará as actuacións ao longo deste ano.
  •  
  • Os espazos deportivos nos que se realicen obras contempladas neste acordo poderán ser abertos ao seu uso fóra do horario lectivo, sempre que isto non interfira na actividade dos centros.
  •  
  • Baltar defende unha visión integral de provincia "que incida nos 92 concellos do noso territorio, na procura dos mellores servizos e infraestruturas, sinaladamente neste caso, en favor dos máis pequenos, e das instalacións educativas que utilizan".

Ourense, 8 de abril de 2016.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asinaron hoxe un convenio de colaboración segundo o cal ámbalas dúas administracións investirán este ano 644.000 euros para a realización de obras de reparación, mantemento, reforma, ampliación e mellora en 36 centros públicos de educación infantil, primaria e educación especial da provincia de Ourense. O acordo tamén contempla que os espazos deportivos nos que se realicen obras incluídas no convenio poderán ser abertos ao seu uso fóra do horario lectivo, sempre que isto non interfira na actividade dos centros.

O acto tivo lugar no colexio público de Rairiz de Veiga, onde os dous representantes institucionais estiveron acompañados pola alcaldesa do municipio, Asunción Morgade; pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e polo director e profesores do centro educativo.

Previamente á sinatura do convenio, Manuel Baltar e Román Rodríguez visitaron o invernadoiro do centro educativo, unha iniciativa mediante a cal os alumnos aprenden e realizan prácticas de horticultura para coñecer os procesos da vida vexetal das especies máis comúns da bisbarra.

Os centros beneficiados polas obras serán o CEIP Filomena Dato (Barbadás), CEIP Ramón Otero Pedrayo (O Barco), CEIP Pena Corneira (Carballeda de Avia), CEIP de Castrelo do Val (Castrelo do Val), CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), CPI Laureano Prieto (A Gudiña), CEIP Serra do Xurés (Lobios), CEIP de Manzaneda (Manzaneda), CEIP Augusto Assía (A Mezquita), CEIP Joaquina Gallego Jorreto (A Merca), CEIP de Mariñamansa (Ourense), CEIP Albino Núñez (Ourense), CEIP A Inmaculada (Ourense), CEIP Manuel Luis Acuña (Ourense), CEIP de Seixalbo (Ourense), CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga), CEIP Manuel Folla Respino (A Rúa), CEIP Virxe do Camiño (Rubiá), CEIP Ben Cho Shey (Pereiro de Aguiar), CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea), CEIP Rodolfo Núñez (Vilardevós), CEIP Vázquez Portomeñe (Xunqueira de Espadañedo), CEIP Padre Feijoo (Allariz), CEIP de Beariz (Beariz), CEIP Curros Enríquez (Celanova), CEIP Otero Novas (Cortegada), CEIP de Cualedro (Cualedro), CEIP Santa María A Real (Entrimo), CEIP Manuel Sueiro (Ourense), CEIP Mestre Vide (Ourense), CEIP de Medeiros (Monterrei), CEIP Valle Inclán (Muiños), CEIP Eulogio Gómez Franqueira (San Amaro), CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga), CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio (Vilar de Barrio),CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía).

Manuel Baltar afirmou que a cooperación entre Deputación e Consellería de Educación "permite levar a cabo esta actuación, na que a institución provincial achega máis de 300.000 euros, pois defendemos unha visión integral de provincia que incida nos 92 concellos do noso territorio, na procura dos mellores servizos e infraestruturas para as veciñas e veciños, e sinaladamente neste caso, en favor dos máis pequenos, mellorando as instalacións dos centros educativos".

"Ensino, sanidade, cultura, deporte ou benestar son ámbitos nos que a Deputación ven colaborando, accións que van a máis debido aos resultados económicos e á boa xestión orzamentaria desenvolvida estes anos polo goberno provincial, o que nos fai ser unha administración que aporta, colabora e coopera", remarcou Baltar, anunciando que a Deputación de Ourense e a Consellería de Educación están xa a traballar nun novo plan de co-financiamento "para seguir avanzando nesta liña, facendo máis eficiente o gasto público, investindo en benestar e, no caso dos nenos e nenas, investindo en futuro".

Pola súa banda, Román Rodríguez dixo que este convenio "é un exemplo de colaboración inter-administrativa en prol do benestar cidadán, velando polo axeitado mantemento dos centros educativos, unha competencia municipal que é a base para previr a necesidade de intervencións de maior envergadura".

O conselleiro agradeceu a súa cooperación á Deputación de Ourense e recoñeceu o compromiso deste departamento coas instalacións dos centros educativos, que se establece a través do Plan Provincial Educou 2016, vía pola que se desenvolverán as actuacións contempladas no acordo hoxe asinado.

 

NOF CONTINUACIÓN

 

DÍA DA PAZ

 

VIAXE A MADRD,FIN DE CURSO 6º CURSO FOTOS

24/04/2015 21:28
Atlantic/Bermuda

 

ORGANIZA

CEIP MESTRE VIDE

FOTOS

 

 

 

Parabéns a  todos......

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2016/2017

28/02/2016 14:42
Atlantic/Bermuda

 

 .- Normativa de admisión do Alumnado en Centros Públicos para o Curso 2016/2017

 

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2016 – 2017

(DOG Nº 53 ,15 DE MARZO DE 2013)

DOCUMENTACIÓN INICIAL

 

·         SOLICITUDE: Facilitada polo Centro.

·         FOTOCOPIA COMPULSADA DO LIBRO DE FAMILIA (Folla onde está inscrito o/a neno/a).OU DO DNI DESTE, EN CASO DE TELO.

·         FOTOCOPIA DO D. N. I. dos pais.

 

                                  

CALENDARIO:

Do 1 de marzo ao 29  de marzo: Presentación de solicitudes e da documentación acreditativa dos criterios de admisión

22  de abril: Publicación das listaxes provisionais .

23 ao 28 de abril:prazo de reclamación.

13 de maio. Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

Durante o mes de xuño: Formalización de matrícula para os alumnos/as admitidos.

Notas:

  • As compulsas pódense facer no propio centro, previa presentación dos documentos orixinais.
  • Recórdase a obligatoriedade de presentar unha soa solicitude.

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTARÁ PARA BAREMAR

            En previsión de que o número de solicitudes no nivel en que o seu fillo/a vai ser escolarizado/a sexa superior ao de prazas dispoñibles, deberán aportar, xunto coa solicitude,  a documentación que xustifique o dereito a aplicar a correspondente puntuación para baremar.

A documentación a presentar, según o dereito que se alegue,  será a seguinte:

·         Proximidade do domicilio: ( puntuación máxima 6 puntos , área influencia:6 puntos. Limítrofes:3 puntos) . Certificado do padrón municipal. (Non é válido o volante do padrón). Debe coincidir co domicilio fiscal.

·         Proximidade do lugar de traballo: Certificado da empresa. (Ambas circunstancias son incompatibles).( 4 puntos na área de influencia , áreas limítrofes , 2 puntos)

·         Certificación de familia numerosa..(categoría especial:  3 puntos, xeral:  2 puntos)

·         Renda per cápita da unidade familiar ano 2016. (IPREM : INDICADOR PÚBLICO DE RENDA DE EFECTOS MÚLTIPLES :  6390,13 €).

§  Igresos iguais ou inferiores a 0,5 o IPREM         3 puntos( 0 - 3195,065€)

§  Ingresos  igual ou superior a 0,5  e inferior a 0,75 o IPREM (4792.5€) : 2 puntos

§  Ingresos igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto

§  Ingresos iguais ou superiores ao IPREM: 0 puntos

En caso de alegar a circunstancia de familia monoparental hai que xustificalo documentalmente. (2 PUNTOS)

  • Discapacidade: Certificado correspondente.
  • Nota: A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten caracter voluntario, pero a non presentación implica a renuncia á correspondente puntuación.

                                               O director. Juan M. Regal Lamelo

 

Ourense  a 5 de  febreiro de 2016.  

 

 ÁREAS DE INFLUENCIA DOS CENTROS PÚBLICOS DA CIDADE DE OURENSE. 1
1
CEIP MESTRE VIDE
Curros Enríquez, incluíndo interior praza Eduardo Barreiros. Rúa do Paseo ata rúa Concordia, rúa Concordia ata rúa do Paseo, rúa Santo
Domingo dende rúa Concordia ata rúa Bedoia, rúa Bedoia, Praza de Valle Inclán, rúa Emilia Pardo Bazán dende rúa Bedoia, rúa Xoán de
Nóvoa, avenida de Buenos Aires ata rúa Bernardo de Cachamuíña, rúa Bernardo de Cachamuíña, Camiño da Moreira, números pares da
avenida Ramón Otero Pedrayo ata o número 8 incluído (camiño da Moreira), rúa das Lagoas. Todas as rúas interiores dentro deste límite.
Areas limítrofes: as áreas de influencia de CEIP Curros Enríquez, CEIP Manuel Sueiro e CEIP As Mercedes.

 

La «Aqualogía» llega a las aulas.

Alumnos do ceip Mestre Vide participaron onte nun  programa escolar que pon en marcha a empresa Viaqua co obxectivo de concienciar aos estudiantes da importancia da agua e do coidado do medio ambiente.

Dunha maneira divertida e didáctica, escolares de 3º de Primaria convertíronse en técnicos de laboratorio e analizaron algunhas mostras de agua na propia aula. O acto contou coa presencia do director de Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, Julio Masid Bande; o alcalde de Ourense, Agustín Fernández .

 

 CULTIVOS HIDROPÓNICOS

AULA DA NATUREZA

Distribuir contido


by Dr. Radut