ENGLISH IS EVERYWHERE!

 

Acabas de facer clic no link do blog de inglés e chegaches aquí, a este post. Estás conectado a unha wifi? Probablemente si. E que dispositivo estás a empregar? Un ordenador, un smartphone ou unha tablet? Sexa cal sexa, estás lendo estas liñas e de seguro te percataches das palabras destacadas en negriña. Vólveas ler e pensa. En que idioma están?  Efectivamente!  En inglés. 

 

Todos os días oímos e vemos palabras nesta lingua. Empregámolas cada vez máis: comemos sandwich, botamos ketchup na hamburguesa, vemos fútbol ou nos facemos followers dun influencer. E miraches ao teu redor? Hai palabras en inglés por todas partes! En escaparates, en rótulos, en sinais, fóra e dentro das tendas… EVERYWHERE! 

 

As teachers vémolas todos os días. Cando saímos á rúa, andamos á caza de palabras ou frases nesta lingua. Aquí nos podes ver en acción: 

 

E ti? Tamén atopas inglés por todas partes? Si? Pois propoñémoste que compartas con todos os teus compañeiros e compañeiras as palabras ou frases que ves cando saes da casa. Como? Segue lendo:

 

 

 

Abre ben os ollos cando saias da casa e anímate a participar! Estamos desexando ver a túa aportación!