Ola a tod@s.
Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 27 de abril ao 1 de maio para 1º e 2º de Primaria. Necesitamos unha habitación con espazo para movernos e unha alfombra mediana. Nesta ocasión podemos escoller entre baile ou exercicios variados, rematando a sesión cun pouco de ioga para tod@s.
@s que prefiran baile teñen que atender ao seguinte vídeo: https://youtu.be/knl1Fhb__Xw .
@s que prefiran exercicios e movementos variados con todo o corpo deben seguir con atención o seguinte vídeo (imitando correctamente os movementos que realizan os dous nenos protagonistas e descansando o tempo que manden): https://youtu.be/L-8wW40jTzc .
Rematamos cun pouco de ioga sobre a alfombra: https://www.youtube.com/watch?v=7fHpf4A9P1I .