Clase de Educación Física

Sesión de EF para 1º e 2º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF para 1º e 2º de Primaria da semana que vai do 25 ao 29 de maio. Podémola desenvolver nunha habitación da nosa casa que teña algo de sitio libre para movernos. O material que necesitamos son 5 anacos de papel para escribir neles os números do 0 ao 4 (temos que pegalos con cinta adhesiva no chan) e unha alfombra mediana para a parte final da sesión.

1ª parte: tras pegar os números no chan (un pouco separados) imos facer un circuito, descansamos 1 minuto e facemos o outro circuito, estando en cada estación (número) os segundos que nos diga o seguinte vídeo  https://youtu.be/iHlR1H7IdeU

2ª parte: deitámonos na alfombra porque imos facer varios exercicios de respiración e relaxación seguindo este vídeo  https://youtu.be/ibJFHBTWBDA

Saúdos.

Sesión para Infantil

Ola a tod@s.

Esta é a sesión de psicomotricidade para Infantil da semana que vai do 25 ao 29 de maio. Podémola desenvolver no corredor da nosa casa e o único material que necesitamos é un rolo de cinta adhesiva. A sesión consta das seguintes partes:

1) un pequeno quecemento que realizamos bailando ao ritmo dunha canción;

2) parte principal da sesión, na que repasamos as principais partes do corpo, facemos distintos tipos de desprazamento sobre unha liña recta no chan (que previamente marcamos coa cinta adhesiva) e tamén traballamos un pouco o equilibrio.

Temos que seguir con moita atención este vídeo    https://youtu.be/nQFlCazxFLM

Saúdos.

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 18 ao  22 de maio. Pódese desenvolver nunha habitación da nosa casa e o único material que necesitamos é o seguinte: 2 vasoiras, varios rolos de papel hixiénico e unha alfombra mediana. A sesión consta de dúas partes: unha primeira parte que inclúe 6 exercicios distintos con vasoiras e/ou rolos de papel (nos tres últimos necesitamos a colaboración doutra persoa); unha segunda parte que inclúe exercicios de respiración e relaxación.

Os seguintes vídeos serven de guía para desenvolver os exercicios:

 

https://youtu.be/jj4n-gTZBz0

 

 

https://youtu.be/o9uaRmHiAwc

Saúdos.

 

Sesión de EF para 1º e 2º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta sesión de EF da semana que vai do 18 ao 22 de maio está adicada á miña compañeira de traballo e profesora vosa Elsa González Alfonso (DEP). Ímola desenvover no corredor da casa co seguinte material: varios rolos de papel hixiénico completos e dous paus. Imos facer distintos tipos de saltos cos rolos de papel: saltos cos pés xuntos, saltos á pata coxa, saltos de lonxitude, saltos de altura...tal como aparece neste vídeo https://youtu.be/KPyHdM1_cOo. 

Rematamos cuns exercicios de ioga seguindo este vídeo https://youtu.be/K41IG7DyuQU.

Unha aperta moi forte!

 

 

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta sesión de EF da semana que vai do 18 ao 22 de maio está adicada á memoria da miña compañeira de traballo e profesora vosa Elsa González Alfonso (DEP). Ímola desenvolver no corredor da nosa casa co seguinte material: 10 rolos de papel hixiénico completos, un pau mediano e unha alfombra.

1ª parte: tras un pequeno quecemento colocamos os rolos de papel hixiénico en liña recta no corredor e comezamos a saltar de distintos xeitos, como saltos laterais, saltos cos pés xuntos, saltos cos pés separados, saltos á pata coxa...para rematar facendo saltos de lonxitude (aumentando tras cada salto o número de rolos unidos en liña recta no chan) e saltos de altura (aumentando tras cada salto a altura do pau pousado sobre dúas torres de rolos) tal como aparece no seguinte vídeo  https://youtu.be/LAEs28wTeI8

2ª parte: colocámonos sobre a alfombra en posición de plancha e levantamos o cu para fortalecer tanto a zona abdominal como a parte baixa da espalda, repetindo varias veces como aparece no seguinte vídeo  https://youtu.be/irNk0mvhpGk

Unha aperta moi forte!

 

 

Sesión para Infantil

Ola a tod@s.

Esta  sesión de psicomotricidade da semana que vai do 18 ao 22 de maio vai adicada á memoria da miña compañeira de traballo e profesora vosa Elsa González Alfonso (DEP) . Ímola desenvolver no corredor ou nunha habitación da nosa casa. O material que necesitamos é un ordenador, moitos peluches e unha corda. Ah, tamén necesitamos que unha persoa adulta nos axude, sobre todo na primeira parte da sesión.

1ª parte: facemos o xogo das estatuas, que consiste en que a persoa adulta pon música (coa axuda do ordenador) durante uns segundos,  nos que temos que movernos como queiramos sen parar, pero cando o adulto quite a música temos que quedarnos parad@s, convertid@s en estatuas até que soe a música de novo (repetimos varias veces);

2ª parte: colocamos coa axuda do adulto os peluches e a corda polo chan, en liña recta e deixando unha pequena separación entre cada obxecto e o seguinte , comezamos facendo zig-zag na zona dos peluches e pisando por riba da corda, despois pasamos coas pernas abertas sobre todos os obxectos, despois saltamos coas pernas xuntas por riba dos peluches e da corda, o alumnado de 5 anos tenta facer zig-zag á pata coxa na zona dos peluches, pensamos  (e practicamos) outros xeitos distintos de facer este percorrido e rematamos recollendo entre tod@s. Pódenos dar ideas o seguinte vídeo     https://youtu.be/RH5nxzrdanM

Unha aperta moi forte!

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a 2ª sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º de Primaria da semana que vai do 11 ao 15 de maio. Necesitamos unha habitación con espazo para movernos, 3 rolos de papel hixiénico completos (con papel) e unha alfombra mediana. A sesión consta de dúas partes:

1ª parte: é a parte máis intensa desta sesión, porque imos facer distintos exercicios e movementos co noso corpo que nos van facer entrar en calor moi pronto e imos quedar cansad@s porque hai que repetir cada exercicio varias veces, tal como aparece no seguinte vídeo  https://youtu.be/YMByfrwFvww

2ª parte: esta é a parte máis divertida da sesión, porque imos tentar varios retos moi divertidos con rolos de papel. Necesitamos 3 rolos de papel hixiénico, unha alfombra mediana e...gañas de pasalo ben seguindo o vídeo https://youtu.be/K7gajxfrJfk

 

Saúde e saúdos para tod@s.

 

Sesión de EF para 1º e 2º de Primaria

Ola a tod@s.

A 2ª sesión de EF para 1º e 2º da semana que vai do 11 ao 15 de maio componse de dúas partes. Necesitamos unha habitación con espazo para movernos, 1 libro con tapa dura e 1 rolo de papel hixiénico completo (con papel).

1ª parte: non necesitamos ningún material, aquí precisamos da colaboración dun irmán ou dunha irmá maior, de mamá ou de papá para que faga exercicio con nós tal como aparece no seguinte vídeo https://youtu.be/0jLhuKs_t5g

2ª parte: aquí necesitamos 1 libro con tapa dura, 1 rolo de papel hixiénico completo e...moitas gañas de divertirnos tentando facer os retos que nos plantexa o seguinte vídeo

https://youtu.be/A89zKK6nHHg

 

Moito ánimo para tod@s!!!

 

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 11 ao 15 de maio. É máis axeitada para alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria. Ímola desenvolver nunha habitación da nosa casa onde teñamos espazo para movernos e colocar no chan unha alfombra mediana ou unha esterilla. Trátase dunha sesión de cardio, iso significa que necesitamos ter posta roupa cómoda e lixeira porque imos movernos e suar moito seguindo este vídeo: https://youtu.be/z0bcBtLZgHQ.

Saúdos e non esquezades que xa podemos pasear fóra da casa.

Sesión de EF para Infantil, 1º e 2º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 11 ao 15 de maio. Ímola desenvolver no corredor da nosa casa e o material que necesitamos consiste en rolos de papel hixiénico (algúns con papel e un par sen papel), unha culler (en castelán cuchara) de plástico e un pequeno obxecto calquera que se poida levar coa culler. Imos traballar o equilibrio:

Infantil: temos que cruzar o corredor completo 5 veces seguidas levando un rolo con papel sobre as palmas das nosas mans (cos brazos en cruz e as palmas mirando cara o teito); outras 5 veces levando un rolo con papel sobre a cabeza e os brazos en cruz; outras 5 veces levando un rolo sen papel verticalmente, agarrado coas dúas mans e unha laranxa no extremo superior do rolo; outras 5 veces levando un rolo sen papel, verticalmente,  en cada man e unha laranxa sobre cada un deles; ocórresevos algún exercicio máis que poidamos facer para traballar o equilibrio con rolos de papel?

Primaria: imos pegar no chan do corredor unha tira de cinta adhesiva de embalar (en liña recta) e imos traballar o equilibrio pisando sobre esa cinta, empregando varios rolos de papel hixiénico e unha culler de plástico tal como aparece aquí: https://youtu.be/85sGfBNJ4mA

Saúdos e non esquezades que xa podedes pasear fóra de casa.

 

Sesión de EF para 1º,2º e 3º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana do 4 ao 8 de maio. Esta sesión é moi axeitada para 1º,2º e 3º de Primaria. Non necesitamos ningún material, só unha habitación con espazo libre e un computador ou teléfono móbil, porque imos axudarnos de tres vídeos de youtube. A sesión consta de 3 partes:

1) quecemento, guiado pola canción do Cantajuego titulada "Levantando las manos" (https://youtu.be/b3lqliovkDo);

2) parte central, seguindo os movementos das figuras nos 11 exercicios e respectando os descansos e as repeticións que nos manden (a non ser que esteamos demasiado cans@s e non poidamos máis) https://youtu.be/x_9L5_A6Ww4 

3) parte final, ao ritmo dunha canción máis lenta, imitamos os movementos dos nen@s que aparecen aquí https://youtu.be/XqZsoesa55w

Saúdos.

 

 

 

Sesión de EF para 4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s. Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 4 ao 8 de maio. Concretamente esta sesión é máis apropiada para 4º, 5º e 6º de Primaria. Podémola realizar nunha habitación da nosa casa e o único material que precisamos é unha alfombra mediana, unha pelotiña e un par de cartóns de leite cheos. Imos axudarnos de dous vídeos de youtube para realizar os movementos que miraremos na pantalla do computador ou do teléfono móbil:

1) o primeiro vídeo preséntanos un adestramento funcional completo, que incúe quecemento, circuito de exercicios (que podemos repetir varias veces se nos topamos moi fortes) e unha parte final de estiramentos ( https://youtu.be/XVuRu2C8TPs  );)

 

2) o segundo vídeo é para @s que aínda teñan gañas de máis exercicio físico, pero é unha parte máis relaxante porque son exercicios de coordinación 

(https://youtu.be/7OiD4R_ahW8).

Saúdos.

Exercicios de movilidade articular, flexibilidade e cardio (3º,4º,5º e 6º de Primaria)

Ola a tod@s.

Hoxe imos facer varios exercicios de movilidade articular, flexibilidade e cardio. Necesitamos unha habitación con espazo suficiente para movernos e unha alfombra para facer os estiramentos finais. 

1) o primeiro vídeo https://youtu.be/SN5tssgK7GU é máis axeitado para o alumnado de 3º e 4º de Primaria (lembrade que cando apareza no vídeo x5 ou x10 significa que temos que repetir o movemento 5 ou 10 veces; se aparece 20" significa que temos que repetir o movemento durante 20 segundos)  ;

2) o segundo vídeo https://youtu.be/PAo-ifpHzOU é máis axeitado para o alumnado de 5º e 6º de Primaria  e tedes que fixarvos porque no vídeo vannos dicir as repeticións que temos que facer de cada exercicio (por exemplo, se pon x5 quere dicir 5 repeticións; se pon 20" quere dicir que temos que repetir o movemento 20 segundos)) e, en ocasións, vannos dar a escoller entre dous exercicios, un máis duro e outro máis suave para que escollamos o que poidamos facer mellor nese momento (por exemplo, danos a escoller entre  dar pequenos saltos ou camiñar, en ambos casos sen desprazarnos do sitio).

3) os estiramentos finais son para tod@s: https://youtu.be/S_98SAAmOFg

Saúdos.

Circuito de exercicios para 1º e 2º de Primaria

Ola a tod@s.

Hoxe imos deseñar un circuito con varios exercicios para 1º e 2º de Primaria no que papá ou mamá tamén teñen que participar. É moi importante que @ nen@ nos axude tanto a colocar o material como a recollelo. O espazo que necesitamos é o corredor da casa e unha habitación con espazo suficiente. Material:  pelotas suaves, varias alfombras medianas ou esterillas, moitos peluches, moitos rolos de papel hixiénico.

Os exercicios son os seguintes (facemos cada exercicio durante 1 minuto e pasamos ao seguinte como aparece neste vídeo

https://youtu.be/BnKIAFebJzo ):

1º) colocamos dúas alfombras no chan para sentarnos fronte a fronte, poñendo o adulto os seus pés sobre os d@ nen@, que irá pasando a pelota suave ao adulto para que este se estire até tocar a alfombra coas costas e despois suba traballando os músculos abdominais,devolvendo a pelota ao nen@, que lle lanzará de novo a pelota;

2) colocamos dúas ringleiras de rolos de papel e un monte de peluches nun extremo, porque temos que ir levando un peluche dun lado a outro cada vez que crucemos (facendo zig-zag) a nosa ringleira de rolos, e voltaremos  a catro patas sobre os rolos para coller outro peluche;

3) colocamos dúas alfombras no chan, dous montes de peluches diante delas e nós estirados boca arriba sobre as alfombras, porque temos que coller un peluche cos pés, subir as pernas por riba do noso peito , deixar o peluche detrás da nosa cabeza e levar as pernas cara adiante para coller outro e repetir a maniobra;

4) facemos unha carreira lateral, dun lado a outro dunha habitación, fronte a fronte, chocando as palmas das mans co outro cada vez que nos crucemos;

5) o adulto ponse boca abaixo (en posición de plancha) para que o nen@ vaia pasando alternativamente por riba e por debaixo do mesmo;

6) poñémosos fronte a fronte separados 4 metros, collemos a pelota suave, facemos unha sentadilla con ela e, ao subir o tronco, pasamos a pelota ao outro, que fará o mesmo e nos devolverá a pelota.

Podemos repetir o circuito completo varias veces e,despois, estirarémonos nunha alfombra, boca arriba, cos brazos pegados , igual as pernas, e totalmente extendidos brazos e pernas, aguantamos esta posición contando 20 lentamente (facemos o mesmo boca abaixo).

Fixádevos ben no vídeo para entender o circuito e a disfrutar!

Saúdos. 

Percorrido de orientación caseiro para Infantil

Ola a tod@s.

Hoxe imos deseñar un percorrido de orientación infantil na nosa casa. Podemos aproveitar  o corredor e algunha habitación. O material que imos empregar é o seguinte: varias alfombras medianas enroladas, cinta de embalar, cordas pequenas, varias cadeiras, unha pelotiña, un bote de plástico, varios rolos de papel hixiénico... 

Percorrido: colocamos as alfombras enroladas seguidas para que @ nen@ pise e se equilibre sobre elas, despois as cadeiras para que se arrastre por debaixo das mesmas, a continuación facemos varios pequenos cadrados no chan para que pise dentro á pata coxa, colocamos as cordas no chan debuxando curvas para que pase por riba delas, deixamos a pelotiña no chan para que a colla e tente encestar (dende un punto marcado con cinta) no bote de plástico, por último colocamos os rolos de papel no chan cunha separación de 1 metro entre eles para que @ nen@ faga zig-zag... Podedes completalo con máis ideas vosas e que o repita varias veces , pero é moi importante que @ nen@ vos axude tanto a colocar o materia como a recollelo. 

 

Agardo que vos guste. Este vídeo pode axudarvos https://youtu.be/RoaYVddZUCs e tamén tedes o meu enderezo de correo electrónico luis.alberto.alonso.vicente@gmail.com para que me enviedes os vosos comentarios, suxestións...

Saúdos.

Powered by Drupal - Design by artinet