Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 08 / 09

00/00/
Array

DATA: do 13 de XUÑO de 2009 ao 18 de XUÑO de 2009

P R O G R A M A :

DIA 13: CARIÑO – SANTANDER

  • Saída de Cariño sobre as 07:00 h. Almorzo en Cudillero. Xantar en Cabárceno e visita ao parque. Chegada ao serán ao hotel. Cea , aloxamento e almorzo.

DIA 14: SANTANDER - ZARAGOZA - SALOU

  • Saída cara a Zaragoza. Visita á Alxafería e Basílica do Pilar. Xantar en Zaragoza. Saída para Salou. Chegada, distribución por habitacións e tempo libre. Cea e aloxamento.

DIA 15: PORT-AVENTURA

  • Almorzo e traslado ao parque de Port–Aventura con entrada e xantar incluídos. Á última hora traslado ao hotel, cea e aloxamento.

DIA 16: BARCELONA

  • Almorzo e visita Parque Güell e Sagrada Familia. Entrada ao Imax e  Aquarium de Barcelona. Xantar en restaurante. A última hora regreso ao hotel, cea e aloxamento.

DIA 17: AQUAPARK

  • Almorzo e visita ao parque acuático “Aquópolis” da Pineda.  Xantar no recinto. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

DIA 18: SALOU - CARIÑO

  • Saída a primeira hora da mañá. Almorzo no hotel ou na viaxe e regreso para Cariño. Xantar en Logroño e cea en Vega de Valcarce. Chegada sobre a medianoite.

CONCERTO DIDÁCTICO

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 16 de xuño, ás 12:00 horas no Auditorio da Biblioteca Municipal asistirán todos os alumnos/as do centro a un concerto interpretado polo trío SON+D2.

 

 

A duración aproximada da actuación é de 80 minutos e o programa é o seguinte:

  

Co seu pequeno formato (percusión, guitarra e voz) o trío (composto por tres músicos profesionais que tamén son docentes de música) propón un concerto didáctico para achegar a riqueza musical intercultural á mocidade. Mostrarán aos rapaces e rapazas, dun xeito teatral e divertido, os diferentes instrumentos contando a súa historia particular (pandeireta, tamboril, guitarra, tumbadoras, bongós, caixón flamenco, derbouka, cascabeis, ...) Falarán tamén dos diferentes estilos musicais que existen no mundo (tradicionais galegos: muiñeira, jota... latinos: guagancó, samba, bolero, bossa-nova... africanos: matsum, e outros como hip-hop, jazz, blues, etc...) Son D2 propoñen unha viaxe lúdico-musical que rematarán facendo un grupo co público e improvisando, en clave de hip-hop, algunha canción en directo coa participación activa dos rapaces enriba do escenario nun esectáculo para nenos de tódalas idades.

Espigonciño Maio 2009

17/05/2009 00:00
Europe/Madrid

Número 53 do noso xornal escolar.

 

 

 

 

 

VISITA Á PRAIA - E. INFANTIL

00/00/
Array

En E. Infantil, neste 3º trimestre estamos a traballar a unidade didáctica: "AS PRAIAS DO CONTORNO".

 

Con este motivo, o XOVES DÍA 11 pola mañá, imos facer unha visita ás praias da Basteira e da Concha para realizar diversas actividades.

 

Os nenos/as deberán vir provistos de roupa e calzado axeitados, pero sen bañadores.

DÍA DA ÁRBORE - 29 DE MAIO

00/00/
Array

A actividade consiste na repoboación dun monte veciñal na Serra da Capelada.

Trátase de motivar aos nenos no coidado da natureza facéndolles ver a importancia que ten a reposición das árbores cando se realizan as talas, para que a súa función como pulmóns do planeta non se vexa mermada. 

Fabricáronse unhas gorras cun lema seleccionado entre todo o alumnado que lucirán o día da celebración.

  • Primeiro accederemos ao Colexio e, sobre as 9:45 irá saíndo a primeira expedición.
  • No monte estará a cuadrilla de Medio Ambiente, que dará as indicacións oportunas para a plantación.
  • Os grupos de 4º, 5º e 6º baixarán a pé ata o colexio. Serán os primeiros en agruparse para a marcha e farano sobre as 14:50 horas. O resto dos grupos irán a pé ata a parada do autobús (cruce da Zarza) para baixar sobre as 15:30. Unha vez no Colexio agardarán á saída dos autobuses (ás 16:30).

Se queres ollar as fotos da xornada, preme na imaxe.

 

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

00/00/
Array

O vindeiro venres, 22 de maio, imos conmemorar o Dia das Letras Galegas. Ademais das actividades desenvolvidas nas aulas, da elaboración e distribución entre o alumnado e profesoradso dun tríptico sobre a vida e obra do autor homenaxeado e da confección e difusión do xornal escolar "O Espigonciño", imos celebrar o tradicional festival das Letras Galegas.

O alumnado de Educación Primaria deleitaranos coas seguintes actuacións:

  • Presentación en Power Point sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro López (alumnos/as 3º ciclo).
  • Canción "Verdes, verdes" (alumnos/as 1º curso).
  • "O coleccionita de sombras" (alumnos/as 2º B).
  • "Papicho" (alumnos/as 2º A).
  • "Os animais" (alumnos 3º A).
  • Poema inédito "A Galicia que nos gusta" (alumnos/as 3º B).
  • "A princesa Carolina" (alumnos/as 4ºA).
  • "Cousas da mocidade" (alumnos 4º B).

Un grupo de alumnos e alumnas do centro animarannos coa música das súas guitarras, gaitas e tambores.

Bárbara e Antonio serán os encargados de presentar o festival.

Sorte a todos e que saia como esperades!!!

Se queres ollar fotos do festival preme na imaxe.

 
 
Aquí tes un corte da presentación elaborada
con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS:
 

 

 

Distribuir contido