Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Entroido

00/00/
Array

tira de humorO venres 20 celebraremos o entroido cun desfile polo paseo Marítimo a partir das 11:00 .

Como outros anos teremos preparados os churros e os batidos 

Sobre as 13:45 comezaremos o regreso ao cole.

O tema escollido para este ano é o MAR.

 

Visita do escritor-ilustrador Anxo Fariña

00/00/
Array

O día 11 de febreiro recibiremos a visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña, autor de libros como Antón e Pompón , os Megatoxos ou Don Quixote e Breogán.

portada do libro megatoxos

A actividade está prevista no Salón de Actos e co seguinte horario:

11:20h - 12:15h  O alumnado de E. Infantil e o 1º Ciclo de Primaria.

12:45h - 13:40h  O 2º e 3º Ciclo de E. Primaria .

 

 

 

 

Fai clic na frecha para ver un vídeo-resumo da visita:

 

 

 

Galería de imaxes sobre a actividade.[--> ]

 

icona dun lapis  Obradoiro de debuxo [ ---> ]


 

AVISO URXENTE

00/00/
Array

Segundo correo electrónico da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibido no Centro ás 20:05 horas de hoxe, día 8 de febreiro: 

 A Dirección Xeral de Protección Civil  informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.

Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro.

A Dirección do Centro.

DÍA DA PAZ

00/00/
Array

30-XANEIRO-2009

O día 30 de Xaneiro o alumnado e o profesorado do colexio celebramos o DÍA DA PAZ.

  • De 9.30 a 11.20 h. temos o horario de clase habitual.

 

  • Ás 11.20 h. no salón de actos realízase a conmemoración do acto:
    • Montaxe do mural: PERMÍTEME ESTA APERTA?
    • Lectura do MANIFESTO POLA PAZ.
    • Cantamos a canción "NO DUDARÍA" de Antonio Flores 
  •  

  • Ás 12.00 h. no patio ten lugar a tradicional solta de pombas.
  •  

  • Despois do recreo, ás 12.45 h. proxéctase a película "EL PATITO FEO" no salón de actos.

FELIZ DÍA DA PAZ

 

 MANIFESTO POLA PAZ:
 

 SOLTA DE POMBAS:
 

 

 

AVISO

00/00/
Array

Martes, 27 de xaneiro de 2009 

 

MAÑÁ MÉRCORES, DÍA 28, REANÚDANSE AS CLASES CO HORARIO HABITUAL

 

Dirección.

AVISO IMPORTANTE

00/00/
Array

Luns, 26 de xaneiro

 

Con motivo dos danos causados polo temporal no edificio e no recinto escolar, quedan suspendidas as clases até que a seguridade da Comunidade Educativa estea garantida.

 

En principio confírmase a suspensión de clases o luns 26 e o martes 27.

 

A dirección.

Distribuir contido