RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO MARIOLA SOLIDARIA
Enviado por deli o Mar, 2024-09-24 13:14Outro ano máis imos colaborar con Mariola Solidaria( www.csmariola.com) unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2024 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicalmente é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.
Podedes deixar as bolsas coa roupa e calzado no salón Manuel Murguía (salón de Actos do cole) desde o xoves 26 de setembro ata o 2 de outubro, xa que o día 3 recollen cedo, xa non se poderán deixar máis bolsas.
Moitas grazas.
CONTACONTOS CASA DA CULTURA
Enviado por Mariaexposito o Sáb, 2024-09-21 11:54ENTRADAS-SAÍDAS 11 DE SETEMBRO DE 2024.
Enviado por deli o Mar, 2024-09-10 13:28Entrada Educación Infantil 4º de EI- entrarán segundo establecido no período de adaptación. 5º de EI- entrarán ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que de acceso ás aulas de
EI, onde estará agardando a súa titora. 6º de EI- entrarán ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que da acceso ás aulas de
EI, onde estará agardando a súa titora. Educación Primaria O alumnado de Educación Primaria poderá entrar no recinto ás 9:25, momento en que se abrirá o portalón. Os nenos/as entrarán ata a
porta principal do cole onde serán recibidos polos seus titores/as que os acompañarán ata as súas respectivas aulas. Se veñen coas
mochilas cargadas de libros serán os mestres especialistas os que se encarguen de facelas chegar ás clases. Saída Educación Infantil 4º EI- sairán segundo o establecido no período de adaptación. 5º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. 6º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. Educación Primaria O alumnado de EP sairá ás 14:30 pola porta principal se é recollido polas familias que agardarán no exterior do recinto escolar, e polo patio cuberto se
é usuario de transporte. No caso de que algún/ha alumno/a transportado teña que ser recollido pola familia, esta deberá facelo esperando fóra do recinto onde estacionan os
autobuses. Neste caso debe comunicarse ao titor/a. IMPORTANTE: o transporte funcionará no horario habitual. O alumnado transportado, tanto de EI como EP, será atendido polo profesorado dende o momento que chegue
ao centro.
Un saúdo e feliz comezo de curso.
O Equipo Directivo
BENVIDO
Enviado por deli o Mar, 2024-09-10 12:54BENVIDA: LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2024