Curso 2022/2023
SEMANA DA CIENCIA
Enviado por deli o Ven, 2023-06-09 14:32Hoxe deu comezo o tempo para dedicarlle ao noso laboratorio e aos experimentos. Debido á cantidade de actividades que temos non puidemos facelo ante,
pero aquí estamos. Hoxe os máis pequenos deron a sinal de saída. Aquí vedes como gozaron.
Subiremos máis imaxes doutros niveis.
DÍA DOS OCÉANOS- CIDADE CIENCIA
Enviado por deli o Ven, 2023-06-09 13:29Onte 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos, e nós, como persoas amantes do mar e da súa biodiversidade, queremos celebralo.
Programamos diversas actividades para tomar conciencia da súa importancia e como podemos botar unha man para coidalo e preservalo.
Hoxe , entre outras actividades, tiñamos pensado ir a praia da Basteira para limpala, facer cribado de microplásticos e facer uns obradoiros sobre
a vexetación das dunas por parte Miguel Hevia, un veciño de Cariño, que aceptou a nosa proposta. Isto non puido ser debido a o tempo que estamos a ter.
Deixámolo para a semana que vén.
Hoxe tivemos dúas videoconferencias ofrecidas por Cidade Ciencia que, como outras moitas veces, foi o Concelleiro de Cultura Jonathan Miranda
quen nos xestionou esta actividade. Polo seu contido estiveron destinadas aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e foi Eva velasco a encargada de expoñelas.
Eva é unha doutora do Instituto Español de Oceanografía, unha apaixoada do mar que nos acercou aos nosos mares máis próximos que esta a buscar, xunto
co seu equipo que a pesca sexa unha actividade sostible.
Eva, estamos contigo: “Entre todos/as podemos conseguir preservar a biodiversidade dos nosos océanos” e “Para coidar hai que coñecer”.
Grazas Cidade Ciencia, Grazas Eva e Grazas Jonathan por facilitarnos esta actividade. Ata a próxima!!
NOVOS NOMES PARA AS NOSAS AULAS
Enviado por deli o Mér, 2023-05-31 18:37Aquí vos deixamos o resultado dos traballos realizados polas distintas titorías, no que traballaron sobre diferentes autores/as. Agora as aulas do noso cole teñen un nome dun escritor/a homenaxeado no Días das Letras Galegas. Cada nivel trabollou o autor/a elixido/a.
|
ESPECTÁCULOS NA CASA DA CULTURA: "A PEQUENA GRAN INVENTORA" E "ILUSIÓNATE"
Enviado por deli o Lun, 2023-05-22 10:41Dúas invitaciónS recentes a espectáculos na Casa da Cultura, invitados/as pola Biblioteca do Concello.
"A Pequena gran Inventora" "Ilusiónate"
Francisco Fernández del Riego
Enviado por maria o Ven, 2023-05-19 17:43Activdades para homenaxear o Día das Letras Galegas 2023:
Conto para Educacón Infantil: "O misterioso salouco de Don Paco".
Xogo para Educación Primaria: "Francisco Fernández del Riego. Do A ao Z"