Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

SEMANA DO LIBRO 2023

16/05/2023 10:52
Europe/Madrid

Este ano o noso cole tomou como actividade principal da Semana do libro "A Ruta dos Contos, Queres que che conte un conto?

sacamos os libros das estanterias para lelos, compartilos  e saborealos en diferentes lugares do colexio e do pobo. Foi unha gran experiencia.

OBRADOIROS DE ROBÓTICA

16/05/2023 10:49
Europe/Madrid

ARTE NAS AULAS

16/05/2023 10:28
Europe/Madrid

Seguimos avanzando cos nosos proxectos de Plástica.

ADMISIÓN DO ALUMNADO. Publicación da lista provisional de admitidos no proceso de Admisión do alumnado para o curso 2023-2024.

25/04/2023 16:44
Europe/Madrid

 

Atópase exposta para consulta no taboleiro do recibidor do centro a lista provisional de admitidos no proceso de Admisión do Alumnado para o curso 2023-2024.

Adiantamos que todos os alumnos que presentaron solicitudes en prazo foron admitidos.

Esta lista non inclúe as solicitudes fóra de prazo, que aínda están pendentes da resolución pola Xefatura Provincial.

 

 

XORNADAS DE SEGURIDADE VIAL 18-19-20 DE ABRIL

21/04/2023 11:58
Europe/Madrid

Onte remataron as Xornadas de Seguridade Vial celebradas no noso centro. Foron 3 días cheos de aprendizaxe e diversión onde o noso alumnado puido atender ás charlas e practicar nun circuito sen perigos. Quico, o monitor, ensinounos e recordounos un montón de normas e regras que sempre debemos recordar, tanto se somos peóns como se conducimos unha bici, un monopatín, patíns, etc. Agora toca demostrar nas rúas todo o que aprendemos. Para rematar, o último día, tivemos unha visita sorpresa de dous gardas de tráfico que nos trouxeron unha moto e un coche, que vemos moitas veces polas estrada  pero case nunca tan de cerca. Foron  súper amables con nós, afables e pacientes. Deixaronnos montar, tocar a bucina, probar o casco, foi súper emocionante. En fin, MOITAS GRAZAS a estas dúas persoas e , por suposto, a Quico, a quen contamos que nos visite en máis ocasións. Sería inxusto non darlle as GRAZAS publicamente a Jonathan, concelleiro de cultura do noso Concello, que non dubidou en botarnos unha man cando llo propuxemos,  xestionando todo o que aquí se fixo.

Poderedes ver todas as fotos na galería de fotos da web.

         

SEMANA DA PRENSA 2023

21/04/2023 11:45
Europe/Madrid

 

Esto foi  que deu de si a Semana ddedicada a prensa deste ano. Todos os niveis traballaron sobre unha mesma noticia e creamos titulares sobre ela. A noticia elixida foi sobre o noso athleta preferido, Adrián Ben Montenegro. Parabéns Adrián.

 

 

 

Distribuir contido