Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

VISITA DO ALUMNADO DE EI AO INSTITUTO

31/05/2023 18:37
Europe/Madrid

                                                                              

NOVOS NOMES PARA AS NOSAS AULAS

31/05/2023 18:28
Europe/Madrid

Aquí vos deixamos o resultado dos traballos realizados polas distintas titorías, no que traballaron sobre diferentes autores/as. Agora as aulas do noso cole teñen un nome dun escritor/a homenaxeado no Días das Letras Galegas. Cada nivel trabollou o autor/a elixido/a.

                                           

               

AXUDAS FONDOLIBROS 2023-2024

23/05/2023 09:24
Europe/Madrid

Prazo para a presentación de solicitudes: 22/05/2023 ao 21/06/2023.

 

A solicitude farase a través do modeo que se recollerá na conserxería ou secretaría do centro ou neste enlace:

 

MODELO ED330B

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://wwwedu.xunta.es/fondolibros) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento ED330B (usando chave 365, certificado dixital ou clave e usuario de educaión).

Opcionalmente pódense presentar na secretaría do centro.

Axuda para libros:

 

  • 0 alumnado de e 2° de Educación Primaria terá dereito á adquisición de vales para a compra de libros. 0 importe será o seguinte:

160 € para as rendas per cápita superiores a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €


240 € para as rendas igual ou inferior a 6.000 €.

 

  • 0 alumnado de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65% terá dereito a vales para a compra de libros por importe de 300 € con independencia da renda.

 

  • 0 alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda.

 

  • 0 alumnado de 3° e 4° de Educación Primaria terá dereito a axuda do fondo solidario de libros do propio centro. Teñen preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou > 65 (con idependencia da renda obterán 6 libros). 0 resto de alumnado irá por orde inversa (de menor a maior importe) á renda per cápita da unidade familiar. Renda igual ou inferior a 6.000 € (6 libros), renda entre 6.000 e 10.000 e (4 libros).

 

  • 0 alumnado de Necesidades especifícas de apoio educativo (matriculado en 3°, 4°, 5° e 6º de Educación Primaria) terá dereito a vales para a compra de libros por importe de:

160 € (renda per cápita superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 €)

240 € (renda igual ou inferior a 6.000€)

 

 

Axuda para material escolar:

Terá dereito o alumnado matriculado en educación primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. Os importes serán os seguintes:

Renda per cápita superior a 6.000€ e inferior a 10.000€: 60 €
Renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€: 75 €
Alumnado de educación especial, tutelado pola Xunta ou con discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da   renda:     
75 €    

 

 

 

Cálculo da Renda Familiar per cápita:

  • A referencia será o exercicio fiscal de 2021 (renda presentada no ano 2022).

 

  • A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas fisicas.  0 importe é o resultado de sumar as celdas número 435 (base impoñible xeral) + 460 (base impoñible do aforro) e dividir polo número de membros da unidade familiar.

 

  • Os membros da unidade familiar que teñan discapacidade igual ou superior ao 33% ou percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas computarán por 2 no cálculo da unidade familiar.

 

  • Nos casos de violencia de xenero non se teran en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per capita da unidade familiar.

 

Cómputo da unidade familiar: forman parte da unidade familiar a 31 de decembro de 2021 (salvo violencia de xénero ou separación posterior con sentenza e custodia a un proxenitor) os seguintes:

  • Os pais non separados nin divorciados, ou no seu caso titor ou titores do alumnado
  • Os/as fillos/as menores de idade (salvo os emancipados)
  • Os/as fillos/as maiores de idade pero discapacitados ou incapacitados xudicialmente
  • Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar
  • Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unidade familiar cos fillos que teñan en común
  • A persoa (pai ou nai) que teña outra parella (e conviva con ela) formará unidade familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a (salvo custodia compartida)
  • Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar será a constituída polo pai, nai e descendentes (segundo os apartados anteriores)

Documentación:

  • Solicitude asinada (Anexo I) e Anexo II (comprobación de datos)
  • Copia do Iibro de familia ( en casos excepcionais o certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou equivalente do concello)
  • De ser o caso e estar nalgún dos seguintes supostos deberán xustificalo coa documentación correspondente :
    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador
    • Certificado grao discapacidade por órgano distinto da Xunta de Galicia
    • Violencia de xénero, resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada e resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela

 

Quedarán excluídos das axudas aqueles alumgs que non devolvan os libros adquiridos coas axudas no curso 2022/23 (0 prazo é ata o 20 de xuño) e os que superen os límites de renda

 

0 alumnado de 6° de Ed. Primaria que pasa para o Instituto presentará alí a solicitude (cando o fagan de forma presencial)

 

NOTA IMPORTANTE: No momento de entrega de vales, éstes só se entregarán aos asinantes da solicitude correspondente.

 

ESPECTÁCULOS NA CASA DA CULTURA: "A PEQUENA GRAN INVENTORA" E "ILUSIÓNATE"

22/05/2023 10:25
Europe/Madrid

Dúas invitaciónS recentes a espectáculos na Casa da Cultura, invitados/as pola Biblioteca do Concello.

                                        "A Pequena gran Inventora"                                                 "Ilusiónate"

                                                                         

                                                     

XORNADAS DE FÚTBOL

22/05/2023 10:19
Europe/Madrid

O pasado 11 de maio nas clases de EF viñeron ao cole uns representantes do F. C. Cariño para presentar o clube e recalcar que el hai cabida tanto para nenos como para nenas, que se trata dun deporte de equipo e por iso, todos os membros son iguais de importantes no xogo; que facer deporte é unha  boa maneira de manterse activos/as e saudables.

 

                                                                                                                

VIAXE a ROCK SPORT E CHAVÍN - 3º E 4º DE EP

22/05/2023 10:12
Europe/Madrid

A aventura árbores chegou o pasado xoves 25 para o alumnado de 3º e 4º de EP, que pasou unha xornada divertida no Rock Sport de Viveiro, no monte de San Roque. Tamén se achegron a Chavín a ver os enormes e famoso eucaliptos.

Prema aquí para entrar na galería

                                                                                                          

Distribuir contido