Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

VISITA Á CAPELA (1º ciclo)

00/00/
Array

O vindeiro venres, 27 de marzo, os alumnos do 1º ciclo de Educación Primaria visitarán o Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais "Brinquedos", situado no CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela).

Nese centro, os nosos alumnos practicarán xogos tradicionais como as bolas, a corda, a mariola, o peón, os zancos, as carrilanas,...

Sairemos as 9:30 h do colexio e estaremos de volta ás 14:30 h.

CONTACONTOS

00/00/
Array

Os vindeiros días 22 de abril e 13 de maio vanse realizar as seguintes actividades de contacontos na Biblioteca Municipal:

MÉRCORES, 22 DE ABRIL

Os alumnos de 1º, 2º e 3º de E. Primaria asistirán a un contacontos pola compañía "TÍTERES CACHIRULO" a partir das 11:00 horas, cunha duración aproximada de unha hora.

 

MÉRCORES, 13 DE MAIO

Os alumnos de Educación Infantil asistirán a un contacontos pola compañía "TUSITALA" (Contos dos sete mares) a partir das 11:00 horas, cunha duración aproximada de unha hora.

Deporte na escola.

00/00/
Array

O día 11 de marzo teremos unha xornada de "Deporte na Escola" en Cedeira.

Participarán os alumnos e alumnas de 5º.

Actividades previstas: Balonmán, minibasket, bádminton, fútbol e un xogo cultural.

 

 

Hora de saída: 9:45 desde o colexio.

Hora de chegada: sobre as 13:30.

VIAXE 1º CICLO A FENE

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 10 de marzo, os alumnos do 1º ciclo de Educación Primaria visitarán o Parque Municipal de Educación Viaria de Fene.

 

A saída realizarase, dende o colexio, ás 9:30 h da mañá e o regreso está previsto para as 17:00 h, deixando a cada un dos/as nenos/as na parada indicada polos seus pais.

 

Se queres ver as fotos da excursión fai "clic" aquí ou na seguinte foto.

 

 

 

ENTROIDO 2009: O MAR

00/00/
Array

O venres, 20 de febreiro, celebramos no noso cole o tradicional desfile de Entroido.

Como introducción á Semana da Ciencia que imos celebrar no vindeiro mes de marzo e que lle adicaremos ao mundo do mar, decidimos que a nosa temática de Entroido tamén tería relación co mesmo e disfrazámonos de... ANIMAIS MARIÑOS: estrelas de mar, percebes, cabaliños de mar, mexillóns, raias, sardiñas, polbos, pingüíns e peixes tropicais.

Ollade que ben nos quedaron. Tanto esforzo... pagou a pena!

 

   
   
   
   
   
   

 

   

Dende o E.N.D.L queremos agradecer aos nenos/as, nais/pais e mestres o traballo que durante horas, días e semanas dedicaron á elaboración de tan vistosos disfraces.

Moitas grazas a todos e todas!!!

Esta é unha pequena mostra do DVD do desfile:

 

VIAXE E. INFANTIL AO ACUARIO DA CORUÑA

00/00/
Array

Unha das Unidades Didácticas que imos traballar neste segundo trimestre en Educación Infantil é "OS ANIMAIS MARIÑOS".

Un dos obxectivos que nos propoñemos é que os nenos e as nenas coñezan o mar e tamén os disitintos tipos de animais que nel habitan.

Por iso imos facer unha excursión ao Acuario a Coruña onde os nenos e nenas poden apreciar de cerca aproximadamente uns 10.000 exemplares mariños como: doradas, ollomol, abadexo, balea, medusas,...

A excursión será o día 3 de marzo.

Sairemos do colexio ás 9:15 horas e o regreso está previsto para as 17:00 horas.

 

Máis información en http://www.casaciencias.org/aquarium

Distribuir contido