Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

CONCURSO DE POSTRES

00/00/
Array

AVISO

A causa do absentismo escolar por enfermidade, o CONCURSO DE POSTRES que estaba programado para o vindeiro martes, 10 de novembro, aprázase para a seguinte semana. Por tanto os postres poderanse traer ao centro os días: LUNS, 16 e MARTES 17 de novembro.

Todas as actividades programadas para celebrar o MAGOSTO quedan aprazadas para o MARTES, DÍA 17 DE NOVEMBRO.

COMUNICADO DIRECCIÓN

00/00/
Array

Ante a situación creada polo crecente absentismo escolar a causa de enfermidade e as numerosas chamadas telefónicas recibidas no colexio, comunícase aos pais/nais/titores legais dos alumnos/as que a dirección do centro, seguindo o protocolo pertinente, está en comunicación via web e en tempo real co Servicio Galego de Saúde que está en coordinación coa Consellería de Educación. En ningún caso entra dentro do protocolo de actuación do centro a posibilidade de peche do mesmo.

Días non lectivos

00/00/
Array

Comunícase a nais e pais que o Consello Escolar adoptou no seu día o acordo de elixir como días non lectivos para o presente curso as datas do 2 de novembro de 2009 e o 18 de maio de 2010. Polo tanto , o alumnado reincorporarase ao centro o martes día 3 de novembro.

RECURSOS

00/00/
Array

O equipo de Dinamización de Técnicas de Información e Comunicación do Centro (T.I.C.)  habilitou unha páxina web onde se recollen os nosos enlaces educativos favoritos para poñelos a disposición de alumnos e profesores.

Se queredes colaborar tedes dúas opcións:

  1. Podemos autorizarvos para que vós mesmos entredes na páxina usando a vosa dirección de correo e introduzades os vosos enlaces. Neste caso poñédevos en contacto co coordinador TIC para que vos explique como se fai (é moi fácil).
  2. Podedes madarlle ao coordinador un documento de Word ou Open Office onede poñades os enlaces especificando a dirección da páxina, o nome co queredes que apareza a páxina, o nivel (ciclo) e a área ou asignatura. En caso de que a páxina teña contidos de todos os niveis, indicar PRIMARIA e en caso de que teña contidos de varias áreas, indicar INTERDISCIPLINAR.

Podedes acceder á páxina en cuestión neste enlace:

RECURSOS 

No sucesivo, atoparás esta páxina para enlazar dentro do menú

TIC - Recursos educativos

MAGOSTO 2010

00/00/
Array

CONCURSO DE POSTRES 2009

Con motivo da celebración do MAGOSTO, imos organizar un Concurso de Postres para o martes, 10 de novembro.

BASES DO CONCURSO

  • Podedes presentar calquera tipo de postre elaborado artesanalmente na casa, coa condición de que o ingrediente principal sexa algún froito típico do outono.
  • Os postres deberán ser presentados no cole entre os días 9 e 10 de novembro.
  • O concurso estará dotado de catro premios:

Máis saboroso
Mellor presentación
Máis orixinal
Máis dificultade na súa elaboración

  • Cada postre deberá ir acompañado dun cartel identificado que vos entregará o titor/a, no que indicaredes: o nome do postre, os ingredientes, o reposteiro e o curso.

As receitas gañadoras serán publicadas no xornal escolar "O Espigonciño" e na páxina web do centro.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E... SORTE!!!

PROBA DE DIAGNÓSTICO

00/00/
Array
O vindeiro mércores, día 21 de outubro, realizarase no centro a proba de diagnóstico dos alumnos actualmente matriculados en 5º curso de E. Primaria, segundo o seguinte calendario: 

MÉRCORES 21 DE OUTUBRO

10:00 - 11:00

Aplicación da proba de Competencia en Comunicación Lingüística

11:00 - 11:20

Descanso

11:30 - 12:30

Aplicación da proba de Competencia Matemática

12:30 - 12:50

Descanso

13:00 - 13:45

Aplicación do Cuestionario do Alumnado

13:45

Distribución do Cuestionario das Familias

 

Distribuir contido