Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Magosto

RECEITAS GAÑADORAS DO COCURSO DE POSTRES 2009

00/00/
Array

MÁIS SABOROSO... "PANELLETS"
REPOSTEIRA: Martina Díaz - EI 3 ANOS
INGREDIENTES: pataca cocida, améndoa moída, azucre, raiadura de lima e améndoas, noces ou calquera froito seco.

MELLOR PRESENTACIÓN...  "FOLLA DE AMÉNDOA"
REPOSTEIROS: Camila e Bruno Herrera - 6ºB e EI 4A
INGREDIENTES: améndoas picadas,4 ovos,azucre,fermento,fariña e doce de leite e chocolate.

MÁIS ORIXINAL... "CROCODILO DE CHOCOLATE E NOCES"
REPOSTEIRA: Claudia Sanjurjo Fontela - 4ºB
INGREDIENTES: masa de hoxaldre, chocolate, noces, ovo e azucre.

MÁIS DIFICULTADE NA SÚA ELABORACIÓN... "BROWNIES"
REPOSTEIRO: Ignacio González - EI 5A
INGREDIENTES: 75 gr. de manteiga, 45 gr. de chocolate, 150 gr. de azucre moreno, 75 gr. de fariña, 2 ovos, 1 cullerada de esencia de vainilla, unha cullerada de fermento en po e 75 gr. de noces picadas.

Grazas a todos/as os reposteiros/as por compartir as vosas receitas con nós.

Preme nas imaxes para ver máis fotos dos postres e das actividades celebradas o día do Magosto.  

 

CONCURSO DE POSTRES

00/00/
Array

AVISO

A causa do absentismo escolar por enfermidade, o CONCURSO DE POSTRES que estaba programado para o vindeiro martes, 10 de novembro, aprázase para a seguinte semana. Por tanto os postres poderanse traer ao centro os días: LUNS, 16 e MARTES 17 de novembro.

Todas as actividades programadas para celebrar o MAGOSTO quedan aprazadas para o MARTES, DÍA 17 DE NOVEMBRO.

MAGOSTO 2010

00/00/
Array

CONCURSO DE POSTRES 2009

Con motivo da celebración do MAGOSTO, imos organizar un Concurso de Postres para o martes, 10 de novembro.

BASES DO CONCURSO

  • Podedes presentar calquera tipo de postre elaborado artesanalmente na casa, coa condición de que o ingrediente principal sexa algún froito típico do outono.
  • Os postres deberán ser presentados no cole entre os días 9 e 10 de novembro.
  • O concurso estará dotado de catro premios:

Máis saboroso
Mellor presentación
Máis orixinal
Máis dificultade na súa elaboración

  • Cada postre deberá ir acompañado dun cartel identificado que vos entregará o titor/a, no que indicaredes: o nome do postre, os ingredientes, o reposteiro e o curso.

As receitas gañadoras serán publicadas no xornal escolar "O Espigonciño" e na páxina web do centro.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E... SORTE!!!

Distribuir contido