FESTIVAL LETRAS GALEGAS
Enviado por maria o Xov, 2009-05-21 00:03
00/00/
Array
O vindeiro venres, 22 de maio, imos conmemorar o Dia das Letras Galegas. Ademais das actividades desenvolvidas nas aulas, da elaboración e distribución entre o alumnado e profesoradso dun tríptico sobre a vida e obra do autor homenaxeado e da confección e difusión do xornal escolar "O Espigonciño", imos celebrar o tradicional festival das Letras Galegas.
O alumnado de Educación Primaria deleitaranos coas seguintes actuacións:
-
Presentación en Power Point sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro López (alumnos/as 3º ciclo).
-
Canción "Verdes, verdes" (alumnos/as 1º curso).
-
"O coleccionita de sombras" (alumnos/as 2º B).
-
"Papicho" (alumnos/as 2º A).
-
"Os animais" (alumnos 3º A).
-
Poema inédito "A Galicia que nos gusta" (alumnos/as 3º B).
-
"A princesa Carolina" (alumnos/as 4ºA).
-
"Cousas da mocidade" (alumnos 4º B).
Un grupo de alumnos e alumnas do centro animarannos coa música das súas guitarras, gaitas e tambores.
Bárbara e Antonio serán os encargados de presentar o festival.
Sorte a todos e que saia como esperades!!!
Se queres ollar fotos do festival preme na imaxe.
Aquí tes un corte da presentación elaborada con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS: |