Skip to Content

                                                  

Benvidos ao curso 2024/2025

LETRAS GALEGAS 2024

No cole celebramos o día das Letras Galegas de distintos xeitos:

- Comezamos facendo un precioso mural da escritora homenaxeada este ano, Luísa Villalta. Todos os nenos en parellas ou grupo, escribiron nun papel de cor a súa palabra favorita en galego e estas palabras pegámolas ao carón da imaxe de Luísa que debuxou a nosa compañeira de sexto, Lola. Aquí podedes vela posando coa súa creación:

 - Continuamos facendo unha yinkana para aprender moitas cousas sobre esta escritora. Repartímonos en 16 grupos mesturados con nenos e nenas de todos os cursos e tivemos que facer distintas probas para conseguir un código segrego: robótica, pasapalabra, tinta invisible, carreiras de relevo, saltos á corda, seguir ritmos,... un montón de actividades coas que o pasamos moiii ben.

 - Unha exposición de instrumentos e traxes rexionais galegos:

 - E para rematar, a vista de dron, bailamos a Muñeira de Chao, iso si cuns músicos excepcionais. Recoñeces a algún?

 

Para ver o video en pantalla completa, premer enriba do título.

DÍA DO LIBRO:PICNIC LITERARIO

Un ano máis celebramos o día do libro facendo un picnic literario á beira do río. Primeiro merendamos e despois os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria léronlles aos seus compañeiros/as máis pequenos.

COMEZAMOS O ENTROIDO!!!!!!!!

 

Coa decoración da entrada do cole por parte da ANPA utilizando os antifaces que fixemos nas clases, comezamos o Entroido no cole de Maciñeira, este ano adicado como podedes ver ás profesións.

Pero antes da gran festa que teremos o venres, teremos que estar moi atentos aos mandatos do Meco:

 

SAN SILVESTRE 2023

 

Antes das vacacións de Nadal, tivo lugar no cole a 4º San Silvestre. Todos os nenos e nenas do cole así como os profes e as familias que puideron vir, participamos nela para celebrar que xa chegaban as vacacións de Nadal.

Podedes ver as fotos da xornada  facendo clic na seguinte ligazón:

SAN SILVESTRE 2023

TOLO CONTO DE NADAL

Grazas a ANPA, o 19 de decembro todo o cole puido disfrutar do espectáculo de monicreques "TOLO CONTO DE NADAL" de Duende Sico.

Pasámolo fenomenal!

Podedes ver algunhas fotos premendo enriba da fotografía:

SAMAGOSTÍN

O 31 de outubro celebramos no cole a festa do SAMAGOSTÍN unificando o Samaín e o Magosto. A ANPA decorou o ximnasio e alí fixo uns obradoiros terroríficos polos que pasaron todas as aulas do centro. Tamén nos invitou a ricas castañas asadas e a boliños preñados. Que boísimo estaba todo!!!!

Ademais , como todos os anos, fixemos unha bonita exposición coas cabazas decoradas que trouxeron de casa.

Na ligazón de abaixo poderedes ver algunha das fotos da xornada.

 

SAMAGOSTÍN 2023

CALENDARIO ESCOLAR

 

FESTIVOS LOCAIS: 13 DE OUTUBRO E 20 DE MAIO

NOVO CURSO 2023-2024

LETRAS GALEGAS 2023

Este ano, o día das Letras Galegas adícase ao gran escritor Francisco Fernández del Riego. Durante esta semana faremos distintas actividades para commemorar a súa obra e tamén a nosa lingua.

Unha das actividades que xa fixemos foi facer un gran póster coa imaxe de todos os nenos e nenas do cole así como dos profes:

Para poder ver as fotos que integran o noso póster durante 14 días só tedes que premer nesta ligazón e darlle ao zoom:

ZOOM PÓSTER

No seguinte video podedes ver algunhas das fotos:

Distribuir contido


by Dr. Radut