Skip to Content

                                                  

DÍA DA BICI E DOS MAIOS

O venres pasado, parte do colexio participou na Marcha Ciclista pola seguridade vial con preto doutros 1200 escolares de distintos centros da contorna: Ponte de Xuvia, Jorge Juan, O Feal, el CRA, A Gándara, Santiago Apóstol, Virgen del Mar, Ayala, A Solaina, Piñeiros, e do IES As Telleiras.

Podedes ver algunhas fotos da marcha premendo na imaxe:

ÁLBUM BICI

E os que non foron á marcha ciclista, foron a Albarón para participar na actividade dos Maios organizada polo Concello de Neda. Alí se xuntaron co alumnado de San Isidro e "vestiron" ás árbores.

Podedes ver algunhas fotos da actividade premendo na imaxe:

ÁLBUM MAIOS

Tamén protagonizaron un flashmob do tema "Midas" das Tanxugueiras. Podedes velo na páxina de Facebook do Concello premendo na imaxe de abaixo:

 FLASHMOB

PICNIC LITERARIO

 

Queriamos celebrar o Día dos ríos e da Poesía facendo un picnic literario no mes de marzo pero tivemos que aplazala por mor do mal tempo. Así que o mes pasado, aproveitando que xa levabamos uns días de sol, todo o colexio fomos á zona de mesas do río e alí despois de merendar, os nenos de 3º a 6º de primaria léronlles aos seus compañeiros/as dos cursos máis baixos.

 

FLORES PARA ROSALÍA

Por mor do Día de Rosalía, nas clases, estivemos a inventar un poema que despois escribimos nun papel especial, un papel con sementes de varias especies de plantas.

No blogue da biblio, BIBLIOMACI, podedes ver todos os poemas que escribimos. Aquí vos deixamos un exemplo:

 

E esta semana, xuntámonos todos no patio para plantar os nosos poemas:

 

COÑECEMOS A FÁBRICA DE XUBIA

Os nenos e nenas de 2º,3º,4º,5º e 6º de Primaria, participaron no programa que promove o Concello de Neda: "Educando en patrimonio e historia" facendo unha visita guiada á Fábrica de Xubia.

Durante a visita, guiados polo xerente da firma Galicia Textil, achegáronse ao proceso artesanal de elaboración dos tecidos así como á historia das instalacións que teñen máis de 200 anos.

 

Descubriron que a factoría foi inicialmente Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, fábrica de construccións de fusís e tamén de chapas de cobre coas que se recubrían o entramado dos barcos de madeira para mellorar a súa navegabilidade.

Tamén que cada día se elaboran 7000 m de tea. Estas teas, almacénanse e expórtanse a outras factorías. Para facelas, enrólase o fío no urdidor, dalí pasa á encoladora e por último á remetadora onde se deseña a estrutura do tecido.

ENTROIDO 2023

O venres pasado celebramos no cole a festa do Entroido coa temática do mar e o medio ambiente.

Polo noso patio de infantil desfilaron:

- Os cangarexos de EI 3 anos:

- Os polbiños de EI 4 anos:

- Os peixe pallaso de EI 5 anos:

- As estrelas de 1º de EP:

- Os limpadores dos mares e océanos de 2º de EP:

- As medusas de 3º de EP:

- Os tiburóns de 4º de EP:

- Os buzos de 5º de EP:

- E o Prestige e a plataforma Nunca Máis de 6º de EP:

Na nosa galería podedes ver todas fotos do Entroido deste ano. Como eran moitísimas están repartidas en dous álbums, nun están as fotos do desfile e no outro, as dos mandatos do Meco.

ENTROIDO (DESFILE)

MANDATOS DO MECO

MANDATOS DO MECO 2023

Ola familias,

unha vez máis xa temos de volta o Entroido e por suposto os Mandatos do Meco que NON SON ACUMULATIVOS. Deixámosvos os de toda a semana para que poidades ir organizándovos.

Lembrade que NON SON TEMÁTICOS polo que se pon que hai que levar algo na cabeza, cada quen que deixe libre a súa imaxinación. Poden traer calquera cousiña, non fai falla que sexa mercado, pode ser algo feito polos nenos/as.

LUNS:

 

MARTES:

MÉRCORES:

XOVES:

RESERVA DE PRAZA IES FERNANDO ESQUÍO CURSO 2023/24

Quen pode reservar praza?

O alumnado de 6º de EP que teña previsto matricularse no IES Fernando Esquío no vindeiro curso 2023/2024 en 1º ESO.

Prazos

Do 16 de Xaneiro ata o 6 de Febreiro.

Documentación a presentar

Anexo I (en galego ou en castelán) . O titor entregará aos alumnos e alumnas unha copia do mesmo. Tamén pode descargarse nos seguintes enlaces:

Anexo I (Galego)

Anexo I (Castelán)

ou cubrirse de forma electrónica a través da aplicación Admisión alumnado ( www.edu.xunta.es/admisionalumnado) , no menú:

Solicitudes - Reserva - crear

Lugar de presentación da solicitude

Opción 1: Entregar a solicitude debidamente cuberta e asinada, de xeito presencial no centro ao seu titor.

Opción 2: Presentar a solicitude pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou na web de admisión de alumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

IMPORTANTE!!!

Se non se desexa reservar praza no IES adscrito, NON se deberá cubrir a solicitude. Terán que facer a solicitude de admisión no outro centro no mes de marzo no prazo establecido para dito trámite.

SAN SILVESTRE

Desde os máis pequerrechiños de 3 anos ata os máis "grandes do cole" (os de sexto de EP) así como os profes e as familias que puideron, o derradeiro día de clase, celebramos a 3ª Carreira de San Silvestre.

Podedes ver todas as imaxes da mesma, que son moitas, premendo na seguinte ligazón:

SAN SILVESTRE 2022

INTERCAMBIO POSTAL

A semana pasada recibimos unha agradable sorpresa. Era un correo da guardería A galiña azul de Narón onde nos propoxían facer un intercambio postal dos nenos e nenas de infantil co seu alumnado. 

Por suposto que aceptamos. Así que hoxe, o alumnado de quinto e sexto de primaria fixo de axudantes de Papá Noel e axudaron aos máis pequerrechos do cole a facer a súa tarxeta navideña.

 Podedes ver todas as fotos premendo na seguinte ligazón:

INTERCAMBIO POSTAL GALIÑA AZUL

Que vos parecen? A que son unha preciosidade?

Listas para o envío:

O AXUDANTE DE PAPÁ NOEL

 

 

Onte, grazas á ANPA, puidemos disfrutar no cole do espectáculo "O axudante de Papá Noel" de Moc Moc espectáculos.

Durante preto dunha hora, todo o cole, disfrutamos dunha sesión de contacontos, malabares, acrobacias,... coa que non só nos rimos un montón senón na que tamén aprendimos a importancia e o beneficio de compartir cos demais.

Podedes ver todas as imaxes  na galería ou premendo no seguinte enlace:

O AXUDANTE DE PAPÁ NOEL

 

Distribuir contido


by Dr. Radut