Skip to Content

                                                  

ADMISIÓN CURSO 2024/25

DOCUMENTOS COVID CURSO 2021-22

Estes son os documentos COVID do noso centro actualizados para este vindeiro curso 2021-22. Podedes acceder a eles clicando no nome de cada un:

 

- PLAN DE ADAPTACIÓN

- PLAN DE CONTINXENCIA 

- PLAN DE ACOLLIDA

 

Tamén volos adxuntamos para poder descargalos.

PREPARADOS, LISTOS, XA!

Xa estamos de volta! Benvidos/as ao novo curso escolar!

O curso escolar comezará o xoves 10 para Educación Infantil 3 e 4 anos e para 1º , 2º e 3º de Educación Primaria e o venres 11 para Educación Infantil 5 anos e 4º,5º e 6º de EP.

HORARIOS:

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021

No arquivo adxunto podedes consultar o Plan de Adaptación á situación COVID 19 do centro para o curso 2020-2021.

IMPRESOS ANPA CURSO 2020/21

No arquivo adxunto podedes descargar os impresos da ANPA para o vindeiro curso 2021/22: comedor, servizo de madrugadores e actividades extraescolares.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL ADMITIDOS CURSO 2020/21

Todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2020-2021, no CEIP de Maciñeira de Neda, obtiveron praza provisionalmente. A resolución definitiva sairá publicada o día 26 de xuño.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Lembramos que o prazo de formalización de matrícula para alumnado de nova incorporación abrangue do 1 ao 10 de xullo ambos inclusive.

 

Nos arquivos adxuntos pódese descargar o formulario de matrícula en castelán e en galego.

 

** O alumnado xa matriculado no centro no curso actual, non terá que presentar ningún impreso de matrícula para o vindeiro curso 2020/21.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

Podes consultar toda a información relativa ás axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021, premendo AQUÍ

 

 Tamén podes descargarte o modelo de solicitude presencial nos arquivos adxuntos.

 

SERÁ UNHA ÚNICA SOLICITUDE POR UNIDADE FAMILIAR E CENTRO

 

Requisitos:

 

  • Estar matriculado no curso obxecto da axuda e ter devolto os libros de texto do curso anterior que foron emprestados polo sistema de FondoLibros.
  • O alumnado matriculado no presente curso en 1º e 2º de EP NON ten obriga de devolver os libros de texto.

 

Documentación necesaria:

 

  • Solicitude cuberta.
  • Libro de familia, se recolle a situación familiar. Se non:
      • Sentencia xudicial en caso de separación ou divorcio.
      • Ou certificado de padrón/convivencia.
  • En caso de minusvalía dalgún membro da unidade familiar, certificado correspondente

 

En caso de non autorizar a consulta telemática dos datos, precísase xuntar, ademais:

 

  • Declaración da Renda 2018 ou certificado tributario de imputacións no exercicio 2018.
  • DNI de todos os membros da unidade familiar.

 

 Prazo de presentación das solicitudes:

 

As solicitudes poderán presentarse telemáticamente ou na Secretaría do Centro en horario de mañá

 

ATA O 19 DE XUÑO DE 2020.

SEGUIMOS A MEDRAR

Estamos moi felices de anunciar que nos concederon a habilitación dunha terceira aula para Educación Infantil, e que polo tanto, o vindeiro curso 2020-2021, teremos no centro tres aulas de E.I.

XENIAL!!!!

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Queridas familias:

 

Nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, establécese ,no punto 6.7, que os departamentos didácticos, equipos de ciclo e equipos docentes de cada curso, baixo a coordinación da dirección, coodinador de ciclo ou titor/a, adaptarán as programacións didácticas das ensinanzas correspondentes. 

 

No punto 6.13 di que as direccións dos centros responsabilizaranse da súa publicación na páxina web do centro nun lugar accesible a disposición de toda a comunidade educativa e de garantir a súa publicidade, seguindo o procedemento establecido polo centro. 

A continuación deixámosvos todas as adaptacións por curso .

 

ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS

 
 
 
 
 
 
 
 
 
Un saúdo,
 
A dirección.
 


REACTIVACIÓN PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO

A partires do luns 11 reactívase o proceso de admisión de alumnado. O centro permanecerá aberto en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

A continuación deixámosvos os novos plazos para dito proceso:

E en arquivo adxunto o DOG coa Orde.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut