Skip to Content

                                                  

¡FELIZ VERÁN!

Con esta divertida coreografía da canción "Ya llegó el verano" de Izan e Marko, todo o profesorado quere desexarvos:

¡MOI FELIZ VERÁN!

 

LETRAS GALEGAS 2021

Como xa todos sabedes, este ano o día das Letras Galegas adícase a Xela Arias, poeta, tradutora e mestra de Lingua Castelá que naceu en Sarria (Lugo).

Nas clases, estivemos aprendendo moitas cousas sobre a súa vida e a súa obra e ademais entre todos fixemos este fermoso mural que adorna a entrada do noso centro:

 

Gústavos?

AcercArte: A que música soan os cadros?


Esta semana o noso colexio convertiuse nun gran museo con obras tan marabillosas como As Meninas e A Rendición de Breda de Velázquez, Os fusilamentos do 3 de maio e A familia de Carlos IV de Goya, A Gioconda de Leonardo da Vinci, O cabaleiro da man no peito de O Greco e O grito de Munch. E todo isto grazas a Eva Somolinos, cofundadora do proxecto AcercArte, un fermoso proxecto que nos achega a arte a través da música. Non dubidedes en visitar a páxina web do proxecto para atopar máis información.

AcercArte

Durante toda a mañá do luns, Eva presentou a exposición(que estará toda esta semana no noso centro) a todos os nenos e nenas do cole  e tamén explicou bastantes cousiñas sobre os cadros que non sabiamos. Á inauguración asistiu o Alcalde de Neda e tamén a Conselleira de Educación e a de Cultura.

Deixásmovos algunhas das fotos da mañá:

OS BOLECHAS NO CEIP DE MACIÑEIRA

Como xa todos sabedes, a RTVG2 emitiu este sábado o capítulo do seu programa Os Bolechas no cole adicado ao noso colexio. Podedes ver o programa clicando no enlace de abaixo:

Os Bolechas no CEIP de Maciñeira

Nós enviámoslles moito material pero se ve que por falta de tempo non puideron emitir todo. Por iso, dende o cole, queremos presentarvos en exclusiva ... O VIDEO COMPLETO CO TRABALLO QUE PREPARARON  TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE. Non vos perdades o saúdo e despedida dos máis pequerrechos, os nen@s de EI de 3 e 4 anos.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

O ENTROIDO

Video resumo do Entroido no noso cole:

 

Podedes ver as fotos que temos ata o momento na galería:

 

ENTROIDO 2021

 

Vémonos o 18 de febreiro.

FELIZ ENTROIDO!!!!!!

MANDATOS DO MECO

O TREN DA PAZ

Polo día da Paz, cada clase decorou un vagón para facer un gran tren da paz. Ollade que bonitos quedaron os vagóns!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut