Skip to Content

                                                  

ADMISIÓN CURSO 2024/25

FESTIVAL DE NADAL

O venres 20 de decembro, celebramos no centro o tradicional festival de Nadal coa actuación de todos os cursos. Podedes ver algunhas fotos clicando na imaxe:

FOTOS NADAL

25N: VOANDO LIBRES


Hoxe o alumnado de 5º e 6º de E.P. participou xunto co CEIP de San Isidro e o Instituto Fernando Esquío na Marcha pola Igualdade que un ano máis organizou o Concello de Neda.
A semana pasada, na clase coñeceron a historia das irmás Mirabal, tamén coñecidas como as "Irmás Bolboreta" e en honor a elas fixeron un gran mural en forma de bolboreta:

 


Algúns detalles do mural:

 

 

 

 

 

Despois da andaina, foron á Casa da Cultura. Alí celebrouse un fermoso acto , tomaron chocolate quente con bola e estamparon a súa man escribindo ao lado o nome dunha víctima da Violencia de Xénero.

 

 

 

 

 

 

CELEBRANDO SAMAGOSTÍN II

Celebramos o Samaín con distintos obradoiros: manualidades, música, xogos populares, ...

SAMAÍN 2019

CELEBRANDO SAMAGOSTÍN

Este ano, no centro celebramos xuntos o Magosto e o Samaín. Coma sempre, degustamos unha ricas castañas asadas e tamén como non, uns ricos bocadillos de pan de Neda con chourizo.

Podedes ver as fotos da xornada na nosa galería de fotos e tamén clicando no enlace de abaixo:

MAGOSTO 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR

Na semana do libro os maiores apadriñaron aos máis peques. Disfrutaron todos moitísimo. Podedes ver as fotos na nosa galería ou premendo no enlace:

 

APADRIÑAMENTO LECTOR

LISTAXE PROVISIONAL FONDO DE LIBROS

No arquivo adxunto podedes consultar a listaxe provisional do fondo de libros.  Tedes 48 horas para calquer tipo de reclamación.

Lembrade que o vindeiro venres 5 de xullo farase entrega dos libros correspondentes a cada neno/a.

NOTA: Nalgúns cursos hai excedentes de libros polo que sería recomendable que non os encargásedes ata despois do reparto.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

Nota informativa do horario de transporte do venres 24 pola tarde:

Programa do Festival:

ESPERÁMOSVOS!!!!!

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

LISTAXE DE ADMITIDOS CURSO 2019/2020

ENTREVISTA A LEANDRO LAMAS


Os nenos e nenas de sexto de primario entrevistaron  LEANDRO LAMAS, pintor recoñecido da zona e polas tardes, profesor de debuxo no noso centro.

Entre todos prepararon as preguntas que Alba, Sheila, yago, Karla e Aitana encargáronse de facerlle en nome de todos. Tamén contaron coa axuda de Enma que fixo que reporteira gráfica.

 

 


Esta é a súa entrevista :

Distribuir contido


by Dr. Radut